O Centro Comercial Pontevella acolle as xornadas de divulgación micolóxica
O micólogo Alejandro Mínguez falará da cociña con cogomelos silvestres e cultivados
Outono, tempo para a micoloxía
Ourense
O outono é a estación na que saen un maior número de cogomelos en cantidade e calidade. A provincia ourensá é unha terra moi acaída para a micoloxía, xa que ten unha temperatura media e moita humidade. A isto súmase a composición dos nosos chans que propician a aparición de especies comestibles, non comestibles pero tamén tóxicas.
Sobre esta e outras cuestións falará o micólogo Alejandro Mínguez no Centro Comercial Ponte Vella tanto o martes 8 de novembro como o mércores 9, ás sete e media da tarde. Será na segunda planta do Centro Comercial Ponte Vella, nun evento aberto e gratuíto.
Tamén sobre o mundo dos fungos, do 16 ao 18 de novembro desenvolverase a XXIII Semana Micolóxica Ourensá no Liceo de Ourense, para a que tampouco é precisa inscrición previa. Unha semana organizada pola Asociación Os Cogordos, que dende o seu local ourensán axuda a divulgar este eido que mestura distintas disciplinas do coñecemento.