Vermú con SER
Sociedad | Actualidad

Vinte anos da catástrofe do Prestige

Desde a plataforma Nunca Máis advirten que a día de hoxe podería repetirse unha catástrofe similar á do petroleiro

Vermú con SER - O Prestige, 20 anos dunha catástrofe (13/11/2022)

Vermú con SER - O Prestige, 20 anos dunha catástrofe (13/11/2022)

32:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1668093693009/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Nesta edición de Vermú con SER recordamos o que sucedeu aquela fatídica tarde de novembro do 2002 e a concatenación de acontecementos que viñeron despois. Ademáis, analizamos o seu impacto a día de hoxe desde varios ámbitos como o medioambiental, económico, laboral e tamén social despois de que milleiros de voluntarios galegos pero tamén de fóra chegaran a Galicia para recoller chapapote nas praias, case sen medios, arrastrados polo movemento Nunca Máis.

As cifras foron demoledoras: máis de 30.000 mariñeiros afectados e unha perda económica duns 4.500 millóns de euros. O Prestige, un barco petroleiro monocasco de 240 metros de eslora con bandeira de Bahamas cargado con 77.000 toneladas de fuel, contaminou máis de 3.000 kilómetros de litoral en tres países: España, Portugal e Francia.

Xaquín Rubido, Xocas, voceiro da plataforma Nunca Máis, advirte que "a día de hoxe, a catástrofe do Prestige podería volver a repetirse", argumentando que frente á nosa costa navegan cada día cen buques, dos cales 35 transportan mercancías perigosas e ao redor de 15 navegan con bandeira de conveniencia, fóra da normativa europea.

Desde o punto de vista medioambiental, Alfredo López, biólogo da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) fixo balance do que supuxo o Prestige a nivel ecolóxico. Por un lado, recorda que se recuperaron máis de 100 tartarugas afectadas polo chapapote e varios lobos mariños. Faleceron miles de aves e peixes contaminados polo fuel sen ter unha cifra oficial xa que ningunha administración fixo, a día de hoxe, un inventario exhaustivo do impacto medioambiental.

Coincidindo co vixésimo aniversario da catástrofe, a Cadena SER acaba de presentar un documental en formato podcast: 'Chapapote: la Mancha del prestige' no que repasa cronolóxicamente o sucedido. Consta de catro episodios e está dispoñible en todas as plataformas dixitais da SER.

Mirando cara atrás e con perspectiva, o movemento social foi tan grande que incluso chegaron a Galicia voluntarios doutros países para botar unha man limpando a nosa costa. Desta ola de solidaridade naceron historias como a de Gabrielle Frein, unha muller alemana que, sacudida pola impactante noticia, non dubidou en vir a Malpica a recoller chapapote. Regresou anos despois a visitar de novo a zona, namorouse de Galicia e trasladouse a vivir aquí. Desde hai anos é concelleira de Medio Ambiente na Illa de Arousa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00