Ledicia Costas: "Faime moita ilusión que 'Golpes de luz' se traduza ao alemán"
A escritora viguesa ven de presentar a quinta entrega de 'Minimortos' e a novela 'A lebre mecánica'
Ledicia Costas nos presenta sus dos últimos libros
11:22
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1668608460290/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
vigo
Ledicia Costas é unha das escritoras galegas máis internacionais. Proba disto é que xa está a piques de saír á luz a edición de 'Escarlatina' en checo e tamén, tal e como anunciou hoxe en Radio Vigo, trouxo a boa nova da Feira do Libro de Frankfurt da edición en alemán de 'Golpes de luz'. A escritora viguesa acaba de publicar en galego e mais en castelán a quinta entrega de 'Minimortos' e a novela xuvenil 'A lebre mecánica'. Con esta publicación, coa que acadou o seu terceiro Premio Lazarillo, Costas somérxese nas problemáticas das casas de apostas, adicións ao xogo e ludopatía. A través das persoaxes de Cuervo e Nana, a autora tamén se mergulla nas relacións xuvenís fracasadas. Hoxe falamos coa autora das súas novidades literarias en Hoy por Hoy Vigo.