Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Hospitais

O Álvaro Cunqueiro de Vigo contará con 6 prazas na súa Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto Xuvenil

Esta segunda unidade galega contará cun orzamento de case 1,5 millóns de euros.

U Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo contará cunha Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infanto Xuvenil a segunda de Galicia. A Xunta ven de publicar na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a contratación da obra desta unidade para poder ingresar a pacientes agudos. A licitación conta cun orzamento que ascende a 1.493.709 €

Esta unidade será a segunda de Galicia e duplicará a capacidade de atención do sistema sanitario público galego para dar resposta aos casos que necesiten hospitalización con ingreso por patoloxía psiquiátrica aguda grave.

Coa súa posta en marcha en 2023, sumarase á que está en funcionamento na área sanitaria de Santiago e Barbanza e dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas de saúde mental. De feito, funcionará como unidade de referencia para todo o sur de Galicia (incluíndo as áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra e o Salnés, e a área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras), e permitirá facer fronte ao incremento da demanda que se observa nestas patoloxías, especialmente intentos de suicidio, trastornos de conduta alimentaria ou trastorno psicóticos.

Así, ás sete prazas coas que conta actualmente a unidade de Santiago uniranse ás seis coas que contará inicialmente a de Vigo. Ademais, a súa posta en marcha é imprescindible para a acreditación das novas unidades docentes multiprofesionais de saúde mental, o que garantirá que se conten cos medios necesarios para formar novos especialistas.

A creación da nova unidade de hospitalización, que contará cunha dotación inicial de 12 profesionais cuxas prazas están previstas nos Orzamentos da Xunta para 2023, enmárcase nos obxectivos do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, que establece como prioritaria á atención á saúde mental da infancia e dedica un eixe completo a implementar accións de mellora na atención á saúde mental deste colectivo, tanto no eido da prevención como do tratamento.

A unidade ocupará 740 m² no hospital de Vigo

A actuación implica o acondicionamento dunha zona de 740 metros cadrados no Hospital Álvaro Cunqueiro para a creación da unidade, que contará cunha zona asistencial con seis habitacións, un box, un despacho polivalente e un aseo, e disporá tamén de espazo de control con catro consultas, despacho de supervisión, zona de enfermaría -sala de estar e zona de control-, sala de técnicas, aseos, almacéns e locais técnicos, así coma un espazo de docencia e estar -con aula, sala de xogos, despacho docente, sala de espera de familiares e aseo-. A obra prima a relación co exterior, a claridade nos accesos e circulacións, a discreción e a privacidade, prevendo o futuro crecemento da unidade e dos servizos hospitalarios.

A nova unidade reforza a humanización dos dispositivos de atención e hospitalización das persoas con trastorno mental, en liña co recollido no Plan de Saúde Mental, que establece a importancia de introducir elementos de mellora e confortabilidade para favorecer a recuperación das persoas que precisen de ingreso.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00