Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

HOY POR HOY Sigue en directo el programa especial desde Cariñena, capital europea del vino

Hora 14 VigoHora 14 VigoSociedad
Incendios forestais

A Universidade de Vigo e o Concello da Guarda colaboran para sensibilizar sobre os grandes incendios forestais

O FIREPOCTEP contará cunha exposición, unha xornada con testemuñas e unha feira sobre os lumes

Incendio forestal en A Cañiza este verano. (Alberto Vázquez, "Sxenick"/EFE)

Incendio forestal en A Cañiza este verano. (Alberto Vázquez, "Sxenick"/EFE)

Sensibilizar e divulgar sobre os grandes incendios forestais. Este é obxectivo de FIREPOCTEP, un proxecto posto en marcha pola Universidade de Vigo e o Concello da Guarda que contará coa realización de tres accións formativas: Fotovoz, Biblioteca Humana e a Feira do Gran Incendio Forestal. Este proxecto europeo, promovido pola Universidade de Vigo para reforzar os sistemas transfronteirizos de prevención e extinción de incendios forestais e mellorar os recursos para a xeración de emprego rural post-Covid-19, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Exposición fotográfica e testemuñas de grandes incendios

A primeira das accións formativas será “Fotovoz. Historia de vida dun Gran Incendio Forestal”, unha exposición participativa sobre incendios forestais na contorna de A Guarda. A inauguración terá lugar o martes 13 de decembro ás 11.00 horas na entrada do edificio do Concello da Guarda e poderase visitar ata o 14 de decembro. O obxectivo desta exposición é plasmar unha realidade comunitaria a través da fotografía e dos relatos das persoas que viviron incendios forestais.

A segunda das accións de sensibilización realizarase ese mismo día de 17.00 a 19.30 horas na Biblioteca de A Guarda. A actividade “Biblioteca humana. Testimonios dun gran incendio forestal” pretende crear un espazo no que persoas vencelladas a grandes incendios forestais relaten as súas vivencias, como se fosen libros vivos, e o público asistente faga preguntas, buscando o establecemento dun diálogo participativo.

Feira do Gran Incendio Forestal

Ao día seguinte, celebrarase a terceira actividade no CEIP Manuel Rodríguez Sinde. O mércores 14 de decembro de 09.00 a 11.00 horas será a “Feira do Gran Incendio Forestal”. O obxectivo é achegar á comunidade educativa e, en concreto ao profesorado e ao alumnado do CEIP, testimonios e materiais para concienciar sobre os lumes e os seus efectos no territorio. O encontro terá tres escenarios diferentes: o rincón do libro (con libros infantís e xuvenís sobre incendios forestais), o rincón do vídeo (con materiais audiovisuais) e o rincón da experiencia (co testimonio de persoas de A Guarda vencelladas aos equipos de extinción de incendios).

O proxecto, que está coordinado por María Isabel do Val da Universidade de Vigo, pretende xerar un espazo de diálogo sobre os grandes incendios forestais co que se poderá chegar a conclusións importantes para o territorio. Algunhas destas reflexións xirarán ao redor da importancia de manter a vida nos ámbitos rurais como loita contra o cambio climático e, ao mesmo tempo, contra os incendios forestais.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir