Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad
Espazos protexidos

Un novo paso na sostenibilidade das illas Cíes e Ons ao incorporarse á Asociación Ecoturismo de España

A organización sen animo de lucro busca fomentar un bo uso destes espazos protexidos

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia da un paso máis á súa sostenibilidade de estpazos protexidos. A asemblea xeral da Asociación Ecoturismo de España (AEE) ratificou a incorporación deste parque que está composto polas illas Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada.

É o primeiro parque nacional como tal que se incorpora a esta asociación como representante dunha administración pública que xestiona este espazo natural, que, neste caso, é a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Con esta incorporación o Parque Nacional das Illas Atlánticas reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible e a preservación da súa riqueza ambiental paisaxística e cultural.

Nesa liña cómpre lembrar que tamén está adherido á Carta Europea de Turismo Sostible, unha iniciativa de la Federación Europarc, que ten como obxectivo global promover o desenvolvemento do turismo sostible nos espazos naturais protexidos de Europa. E, ademais, conta coa distinción de Destino Turístico Starlight, o que supón o recoñecemento da calidade dos seus ceos, o seu compromiso coa preservación das súas condicións de pouca luz e a existencia de iniciativas turísticas relacionadas coa contemplación do ceo como unha parte esencial da natureza.

Aposta polo ecoturismo

Ademais do parque nacional, tamén se incorporaron a esta asociación a Comarca de Somontano Barbastro, a Asociación para o Desenvolvemento Integral do Val do Ambroz, a asociación de empresas de turismo activo de Euskadi (Aktiba) e o Grupo de Acción Local de Liébana

Todas estas entidades comparten a filosofía, os obxectivos e a liña de traballo da AEE de cara a apostar polo ecoturismo como a estratexia máis beneficiosa para valorizar os recursos naturais e culturais dos territorios nos que se desenvolve e promover o desenvolvemento local sostible.

De feito, a AEE está composta principalmente por entidades xestoras de espazos naturais, administracións públicas implicadas na xestión turística destes, entidades de innovación (universidades, fundacións), empresas de innovación turística e tecnolóxica, asociacións de empresarios de turismo localizadas nestes espazos e empresas turísticas comprometidas coa conservación e o desenvolvemento local.

Ademais, a AEE xestiona o Clube Ecoturismo en España, unha iniciativa pioneira que ofrece experiencias de ecoturismo en espazos naturais protexidos, garantindo ao viaxeiro a súa contribución ao desenvolvemento local e á conservación da biodiversidade. Actualmente agrupa 27 destinos e preto de 700 empresas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00