Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Última hora La jueza de la DANA cita a Feijóo como testigo

Xa chegou o Nadal ao hospital de Ourense

A instalación do Belén e unha intensa programación tentarán facer máis humanos os seus espazos

Belen do Milo no CHUO 2022 / red

Belen do Milo no CHUO 2022

Ourense

Coa instalación do Belén, este ano por partida dobre, na entrada principal do novo Edificio de Hospitalización arranca no Hospital Universitario de Ourense a programación de Nadal, unha intensa axenda que traerá concertos, exposicións, actuacións e mudará a pel do centro sanitario, para tentar facer mais humanos os seus espazos e máis levadeira a estanza nestas datas para pacientes e profesionais.

Unha das principais novidades este ano é precisamente que, ademais do xa tradicional Belén que representa ao persoal sanitario e os acontecementos máis representativos do curso, este Nadal o hospital acolle o “Belén do Milo” obra artesanal de Emilio Cid, Milo, traballador do servizo de seguridade no centro, con xa longa experiencia e recoñecemento como belenista.

No seu Belén de 12 metros cadrados, Milo reproduce o novo edificio de hospitalización, precisamente onde está situado, e ademais dun centro de saúde –un en concreto por desvelar- e unha farmacia, inclúe tamén monumentos senlleiros da provincia, como o centro histórico de Vilanova dos infantes, As Burgas e edificios, paisaxes e oficios tradicionais.

As pezas están confeccionadas e pintadas a man, empregando materiais como o poliespan, espuma e area, coa que recobre edificios ou montes, cobrando vida coa automatización dalgunhas das súas figuras e incorporando auga, que percorre as fontes, ríos e fervenzas.

Un ano máis, o hospital promove o Concurso de Decoración, unha iniciativa que se iniciou coa pandemia, como xeito de agradecer o esforzo do persoal, tamén por facer máis amables os seus espazos, nun período especialmente emocional para todos, e que conta cunha gran implicación non só do persoal, senón tamén da propia comunidade, xa que tamén colaboran centros educativos como o Cole de Cea (CPI Virxe da Saleta), Colexio Sta. Teresa de Jesus-Carmelitas, que acudiron hoxe, e o veciño CEIP Amadeo Rodriguez Barroso.

Xunto ao tamén tradicional concurso de tarxetas de Nadal, que recollen os debuxos dos fillos ou netos do persoal.

Ademáis o Hospital Universitario colabora con campañas cómo a recollida de alimentos ou xoguetes, e recibirá visitas dalgúns dos equipos deportivos da provincia, ademais dos persoaxes mais importantes nestas datas: Papa Noel o día 25 e os Reis Magos o día 6 de xaneiro.

Todo isto acompañado de concertos de panxoliñas, menús especiais de Nadal, actuacións de magos, ilusionistas e músicos e, como non, moita ilusión por acompañar e axudar.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir