Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta destina máis de 610.000 euros á humanización das murallas de Salvaterra de Miño

As actuacións supoñen a terceira fase do proxecto de rehabilitación da fortaleza

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinarán un convenio de colaboración coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel. (Foto: Xoán Crespo) / xoán crespo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinarán un convenio de colaboración coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel. (Foto: Xoán Crespo)

A Xunta de Galicia destina máis de 610.000 euros ás obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño, segundo o convenio de colaboración asinado entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a alcaldesa da localidade, Marta Valcárcel.

A actuación prevista localízase na fortificación de San Lourenzo e supón a terceira fase do proxecto de rehabilitación das murallas deste concello. Neste caso, o proxecto inclúe a repavimentación, o soterrado de redes e a revisión e dotación de novas infraestruturas urbanísticas na praza da Oliva e nas rúas centrais do recinto amurallado de Salvaterra de Miño.

Para levar a cabo este proxecto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aporta un financiamento de máis de 360.000 euros –o 60% do orzamento estimado- mentres que Turismo de Galicia achegará o 40% restante -250.000 euros-.

Ángeles Vázquez salientou que esta iniciativa se enmarca nas actuacións que está a realizar o Goberno galego de cara a habilitar ou recuperar equipamentos públicos e poñer en valor as súas contornas urbanas co obxectivo de que incidan de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. Así, a Xunta destinará 8,6 millóns de euros o vindeiro ano a seguir apoiando ás entidades locais galegas na execución deste tipo de obras, un 23% máis que o orzamento reservado a tal fin en 2022.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir