Hoy por Hoy Matinal VigoHoy por Hoy Matinal Vigo
Ocio y cultura
Curtas

O Festival de Cans abre o prazo a aquelas persoas que queiran presentar as súas obras para o concurso do certame

Obras como "La Entrega" de Pedro Díaz, premiada na edición anterior, optan a cinco nominacións nos Premios Goya

Pedro Díaz, director de "La Entrega", curta finalista dos Goya, conversa co director do festival no encontro de curtametraxistas na última edición de Cans. (Foto: Cris Andina.)

O Festival de Cans, que este ano chega á cifra especial de vinte edicións, abrirá desde este martes a convocatoria para que todas aquelas autoras e autores que o desexen envíen as súas obras a concurso para participar no certame. A XX edición do festival celabrarasee ó longo de cinco días, do martes 16 ao sábado 20 de maio, e o festival aumentará este ano a dotación adicada a premios, rebasando por vez primeira os 11.000 euros en premios, que se destinarán a recompensar ás curtas premiadas nas diversas categorías do concurso, todas con dotación económica.

As autoras e autores poderán inscribir as súas obras de xeito gratuito na web do festival de Cans, onde se atopan as bases do concurso, e terán de prazo para facelo ata o 26 de febreiro de 2023. Poderán inscribir curtametraxes nas categorías de ficción, animación, non ficción, coñecida como Furacáns, e “Novas Camadas”, destinada a impulsar ás creadoras e creadores menores de 25 anos, ademáis de videoclips e longametraxes que serán proxectadas en sección paralelas e calquera outro tipo de obra. Todas deberán ter sido realizadas de 2022 en diante e darase preferencia na selección ás obras que sexan estreas absolutas.Os principais premios estarán destinados ás categorías de ficción con 2.000 euros, e animación e premios do público con 1.500 euros cada unha.

A organización do certame decidiu este ano aumentar a dotación do premio “Novas Camadas”, que pasa a ser de 1.000 euros, un intento por seguir potenciando esta sección, unha das que máis creceu nas últimas dúas edición do festival. O festival fai un esforzo económico por manter e aumentar as dotacións dalgúns premios no seu compromiso por axudar ás novas e novos cineastas.

Cans, un festival talismán para os Premios Goya.

Con máis dun cento de obras audiovisuais proxectadas na pasada edición, o Festival de Cans convértese ano tras ano, nun gran escaparate e nun festival talismán para os Premios Goya. A curtametraxe “La Entrega”, de Pedro Díaz, que recibiu en Cans o Premio do xurado, estará este ano entre as cinco nominadas finais para acadar o Goya na categoría de curtametraxe de ficción. A obra tivo ademáis a súa estrea absoluta na pasada edición do festival.E dúas das obras que están finalistas na categoría de mellor película de animación, son coñecidas tamén para o público fiel de Cans, que tivo a ocasión de ver en exclusiva as primeiras imaxes desas películas na sección “Fillxs de Cans”. Por un lado “Unicorn Wars”, de Alberto Vázquez -que gañou en dúas ocasións o Festival de Cans- e por outro “Os demos de Barro”, de Xosé Zapata e o portugués Nuno Beato. Todos estes autores pasaron por Cans para amosar estas imaxes inéditas e ter este privilexidado encontro co público.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00