Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Vigo entrega máis de 43.000 axudas de emerxencia no que vai de ano

Seguen operativos o dispositivo frío e a unidade de rúa

O Concello de Vigo adxudicou durante este ano 2022 máis de 43.000 achegas de emerxencia que beneficiaron a preto de 12.000 persoas. Na última comisión de valoración outorgáronse 130 axudas, das que 48 foron para vivenda.

O Concello concedeu na última comisión de valoración 130 axudas de emerxencia por valor de máis de 27.000 euros. Segundo detallou o alcalde, Abel Caballero, 48 destas achegas, por valor de máis de 27.000 euros, foron para gastos de alugueiro; 26 para alimentación, cun importe de 10.000 euros; 2 para para produtos de óptica, 23 para subministro de auga, 25 para luz e gas, entre outros. No que vai de ano, concedéronse máis de 43.000 axudas para case 12.000 persoas. Ademais, subliñou o rexedor, estas achegas son compatibles co Ingreso Mínimo Vital, ao contrario do que sucede coa Risga, xa que a Xunta non permite esta compatibilidade.

Dispositivo frío

O goberno local mantén operativo o dispositivo de frío e a unidade de rúa funciona todos os días. Entre o 28 de novembro e o 5 de decembro, déronse 70 altas nos albergues de Marqués de Valterra ou no de Santa Cruz, co que o Concello ten un convenio. Distribuíronse bebidas quentes e mantas, ademais de recordar ás persoas sen teito que non queren pernoctar, que teñen a opción de refuxiarse do frío no albergue, nunha sala onde se lles servirá bebida quente ademais de poder usar ordenadores, ver a televisión ou ler xornais. Nestes momentos hai 20 prazas vacantes, tanto para mulleres como para homes, sinalou.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir