Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Hoy por Hoy Lugo adéntrase no Nadalmente lucense

Vive en directo o especial máis navideño do ano dende a Praza Maior da capital lucense

Lugo

O equipo de Hoy por Hoy Lugo vive o programa máis navideño do ano dende o mercadiño do Nadalmente lucense. O Concello de Lugo convida ao programa de cabeceira de Radio Lugo a vibrar co mercadiño de Nadal instalado na Praza Maior da capital.

Esta campaña, organizada pola Alcaldía lucense, susténtase sobre tres piares fundamentais : a organización do primeiro mercado municipal Nadalmente Lucense, inspirado nos mercadiños europeos, a realización de accions de dinamización nos distintos barrios da cidade e o asesoramento e formación in situ aos comerciantes .

Dende a Casa de Papa Noel, ata postos de lambonadas e xogos para os cativos da casa pasando por unha decena de postos de artesanía lucense. A Praza Maior de Lugo vístese de gala para celebrar por todo o alto a chegada destas datas tan especiais á antiga Lucus Augusti.

Esta acción enmárcase no Plan de Recuperación post pandemia e dinamización dos barrios do movemento Localmente Lucense, que inclúe actividades de ocio e lecer como tardeos, noiteos, con espectáculos musicais, concertos e actividades de entretemento; campañas estacionais e en datas sinaladas como San Valentín ou Samaín, rebaixas de inverno e de verán...

O mercadiño manterase aberto durante todas as datas de Nadal. Composto por vinte casetas de madeira, postas a disposición dos comerciantes lucenses de balde, un poboado navideño para os máis pequenos coas cores de cada agrupación de barrios e o Oasis de Ben-Alí, onde o mesmisimo emisario dos reis magos estará esperando para escoitar as peticións dos máis pequenos.

Más información

Dende a alcaldía, Lara Méndez, insiste en que "queremos crear un espazo máxico e moi navideño e adornado con cor, luces e persoaxes que axudarán na ambientación”. O mercadiño disporá de actividades de animación e entretenemento, pensadas para todas as idades, pero especialmente para os máis pequenos como maxia, concertos e espectáculos diversos, que manterán o espírito navideño.

Para os compradores, todos os días haberá sorteos de premios cos tíckets de compra realizadas no mercado e acumulados durante a xornada. Neste senso, a rexedora “animou aos comercios dos barrios de Lugo a que se inscriban no mercadiño porque será unha excelente ocasión para impulsar os seus negocios e darlles visibilidade”.

As casetas cédense por quendas semanais a produtores e comerciantes lucenses. Ademais da caseta e da decoración exterior da mesma, se lles axuda na loxística da montaxe e contan coa asesoría personalizada tanto na decoración como nas técnicas que lle axudará a mellorar as súas vendas.

O horario de apertura e atención ao público das casetas é de 11:00h a 14:30h e de 16:30h ás 21:00h. No caso das festividades: o día 24 o horario de peche do mercadiño será ás 18:00h e o 31 ás 14:30h.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir