María Casares, unha vida oculta entre panos
Termina o Centenario do nacemento da actriz repleto de actividades para recuperar unha figura descoñecida para moitos

María Casares, una vida oculta entre telones
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
Quedan catorce días para que termine 2022 e con el tamén o Ano Internacional María Casares. Durante os últimos meses Xunta e Concello organizaron exposicións, coloquios, libros, obras de teatro e outras actividades con motivo do centenario do nacemento da actriz coruñesa. Cando preguntamos a pé de rúa por Casares hai reaccións variadas, desde sorrisos de admiración a rostros confusos.
De avoa cigarrera. O seu pai, Santiago Casares Quiroga, figura fundamental na historia republicana. A infancia de María Casares marcaría a súa personalidade e a súa identidade. En 1931, coa proclamación da Segunda República, afástase do seu fogar rumbo a Madrid. No 1936, tras o estalido da Guerra Civil, con apenas 13 anos, chega exiliada a París. Alí pasaría gran parte da súa vida. O país transpirenaico sería quen de gozar dos seus dotes para a actuación, pero tamén do seu discurso político, ético e social. Mentres tanto, María Casares nunca esqueceu A Coruña. O acento tampouco a abandonaría.
Más información
A memoria colectiva coruñesa e española, con todo, si que esqueceu a María Casares. Polo menos durante un tempo. Xosé Aldea é o comisario do programa de actividades organizado polo Concello ao redor de María Casares.
O espírito do Ano María Casares foi recuperar un pouco desa memoria arrebatada a ollos de Aldea. Segundo fontes municipais o Concello organizou 83 actividades. Un número ao que debemos sumar as promovidas pola Xunta de Galicia, 14 en total. Carlota Follea é a coordinadora do Ciclo de Conferencias de María Casares.
Unha actividade que, asegura Follea, puxo A Coruña no centro e contou con figuras craves para entender a María Casares como Catherine Camus, filla do filósofo que foi parella de María Casares, Albert Camus; Lluís Pasqual e Josep Maria Flotats.
Un ano no que se lembrou a figura de María Casares pero que, inciden Follea e Aldea, debería estenderse. Non quedar no que puido ser e non foi, senón recuperar e reclamar unha figura crave para A Coruña.




