Alumnos emprendedores en primaria
Rapaces do CEIP Plurilingüe de Tebra crean dúas cooperativas para elaborar e vender produtos con materiais de refugallo

Entrevista a Aitana y Aitor, alumnos de 5º y 6º de primaria del CEIP Plurilingüe de Tebra
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Tomiño
Ao abeiro do programa ‘DepoEmprende na Escola’ da Deputación de Pontevedra, os 25 alumnos de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Tebra en Tomiño crearon dende cero as cooperativas ‘Tebralidades’ e ‘Recuncho creativo’, que contan con consello reitor e división por departamentos.
A partir de xaneiro traballarán nas dúas propostas empresariais coas que buscan achegar o seu gran de area a coidar o medio ambiente mentres colaboran con causas solidarias. Os 12 socios integrantes de ‘Tebralidades’, mestura de Tebra e manualidades, teñen como obxectivo traballar día a día para facer un Tomiño máis verde, por iso elaborarán produtos útiles feitos con materiais de refugallo. Plásticos, cartón, tapón e cortiza convérteranse, baixo as súas mans, en posavasos e salvamanteis, portalapis ou macetas que logo venderán á veciñanza.
O 40% dos beneficios recadados irán destinados á asociación Vontade de Tomiño, que traballa con persoas con discapacidade. O 60% restante irá destinado a axudar a financiar unha excursión de fin de curso conxunta coa outra cooperativa do colexio, con destino Port Aventura. Pola súa banda, os 13 socios de ‘Recuncho creativo’ quixeron que o seu logo reflectira á perfección as súas intencións, por iso escolleron unhas tesoiras que representan “a igualdade do home e da muller no mundo da costura e un rotundo non á violencia de xénero marcado polos tons violetas dunha parte da imaxe”.
Esta cooperativa do alumnado do CEIP de Tebra deseñará e elaborará prendas de roupa feitas con materiais reciclados ou teas que xa non se usan para reducir o uso de plástico e papel de aluminio para envolver os bocadillos da merenda. Todos os seus produtos están elaborados de forma tradicional, cosidos a man ou coa máquina de coser da que dispoñen no centro. Neste caso o 40% dos beneficios irán destinados á asociación Bicos de papel, que ofrece axuda ás familias de nenos con cancro do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Marci Varela
Vigo (1987) Presentador habitual de La Ventana Metropolitana y el Hoy por Hoy Baixo Miño. Narrador de...




