Piden una candidatura progresista en A Coruña ante la ruptura de la Marea Atlántica y Podemos
Personalidades ligadas de Comisiones Obreras, Sumar, y el movimiento vecinal han suscrito un manifiesto para que se promueva una candidatura progresista única en A Coruña

Ramiro Otero nos habla del Manifiesto conjunto de fuerzas progresistas en A Coruña
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
Personalidades ligadas de Comisiones Obreras, Sumar, y el movimiento vecinal han suscrito un manifiesto para que se promueva una candidatura progresista única en A Coruña ante la ruptura de la Marea Atlántica y Podemos que ya han anunciado sus candidaturas, una encabezada por Xan Xove y la otra por Isabel Faraldo con el apoyo de Esquerda Unida.

Suscriben el manifiesto Suso Díaz, padre de la Vicepresidenta Yolanda Díaz y uno de sus principales asesores en el gobierno, el economista Manuel Lago. También el exsecretario comarcal de CCOO Demetrio Vázquez y el actual, Cristóbal González y dirigentes vecinales como Domingo Verdini y Ramiro Otero de O Castrillón.
El portavoz de la Asociación por la Recuperación de la Memoria histórica, Fernando Souto y la cantante Silvia Penide firman también el manifiesto que pide una defensa de lo público y "unidad de las fuerzas progresistas".
El manifiesto:
Chamado á unidade progresista na Coruña
Vivimos tempos de dificultades e incerteza, pero tamén tempos onde se demostra unha vez máis a importancia do público para enfrontar os problemas das maiorías socias. As decisións que tomemos agora condicionarán como será a cidade da Coruña das próximas décadas, e por iso é máis necesario que nunca alimentar a esperanza para non caer no derrotismo.
A nosa é unha cidade aberta e solidaria que necesita un goberno á súa altura; un goberno que defenda as políticas sociais e os servizos públicos para conseguir unha cidade feminista, respectuosa co medio ambiente e cun urbanismo que poña ás persoas no centro. E preciso un goberno municipal con proxecto, que teña claro que a defensa do público, do planeta e das persoas, son a única opción posible para a cidadanía.
Queremos unha cidade inclusiva e participativa, cun goberno que escoite as necesidades de toda a veciñanza, sen deixar a ninguén atrás. Unha cidade asequible, accesible e equitativa, onde non sexan as nosas rendas as que condicionen o completo das nosas vidas.
Para conseguilo é posible e necesario acadar un espazo de encontro, inclusivo e mestizo, que permita conseguir un goberno para a cidade que implemente as políticas transformadoras que a Coruña precisa e demanda.
O contrario á unión e ao entendemento xa o coñecemos: o retroceso e a perda de dereitos. Por iso pensamos que é preciso un movemento político que reilusione á cidadanía e sexa quen de recuperar as cotas de influencia e representación política que temos acadado no pasado. Un movemento que dea voz á xente e acolla aos partidos políticos do espectro progresista, para configurarse nunha candidatura de unidade.
Unha candidatura que se ocupe do que a Coruña precisa: de garantir o dereito á Vivenda, da Mobilidade Sostible e as infraestruturas pendentes na cidade, da defensa do uso público dos peiraos interiores, de protexer o acceso aos servizos públicos,
da participación cidadá, e da atención aos barrios... todo aquelo que ten que configurar o novo modelo de cidade que defendemos e que compartimos a meirande parte da cidadanía.
Por iso, para camiñar cara o futuro e abrazar a esperanza, as persoas que asinamos este texto solicitamos o entedemento de tódalas forzas progresistas e chamámolas á unidade.
Unha unidade que poda ser encabezada por unha persoa de consenso e que sume tamén a representantes da sociedade civil.
Únicamente desta forma poderá ser posible reilusionar á cidadanía e optar ao goberno da cidade.
A cidadanía da Coruña o demanda e o precisa.