Política | Actualidad

Lara Méndez sobre a Operación Pulpo: "Candia levou os anónimos á Fiscalía, teremos oportunidade de velo nos sumarios"

Para a socialista "fíxose un dano terrible á cidade" con esta trama

Entrevista a Lara Méndez, alcaldesa de Lugo (28/12/22)

Lugo

A rexedora da cidade de Lugo pasou polos micrófonos de Radio Lugo Cadena SER para reinvindicar, entre outros temas, o "dano que se lle fixo a cidade" coa Operación Pulpo. A socialista acusa á candidata do PP en Lugo á alcaldía, Elena Candia, de "facer caso a uns anónimos" e "levalos á Ficalía, como se recolle nos sumarios".

Para Méndez este pasado da popular "no debería de pasarse por alto" e puntualiza que "ela non pode dicir que non fixo absolutamente nada cando se fixo un dano terrorífico á cidade". A actual rexedora aféalle á cabeza visible da oposición que, naquel momento, cando recibíu eses anónimos non foi quen de recabar toda a información precisa para comprobar a súa veracidade "estudala e analizala".

A socialista lucense recorda que por aqueles tempos "empresas dicían que non a vir cara á Lugo, dañouse moitísimo á cidade e tamén a nivel persoal a Besteiro e Orozco", denuncia.

Adeus ao Garañón

Por outra banda, a alcaldesa da cidade lucense, loce feliz por seguir dando luz ver a proxectos "tan importantes" como o derrube do famoso Garañón. Na Xunta de Goberno ven de aprobarse a adxudicación dos primeiros pasos para efectuar o derrube do edificio como é a redacción do proxecto.

Hai un mes máximo de entrega deste proxecto e logo haberá catro para que de materialice. Méndez amósase contenta por ver como pronto se chegará ao fin dunha débeda pendente coa cidadanía.

Entre outros temas, na visita da socialista ó Hoy por Hoy Lugo, Méndez destacou a adxudicación do novo contrato para o mantemento dos 1’3 millóns de m² de zonas verdes de Lugo, que se duplicou nos últimos anos. Falou tamén do reforzo do servizo de limpeza e da apertura do Parque da Lembranza na honra das vítimas e profesionais que loitaron durante a pandemia.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo