Hora 14 Vigo
Sociedad
Turismo

Vigo manterá a ocupación hoteleira no 95% durante toda a semana

Caballero anima á xente a utilizar os aparcadoiros de Samil e usar o transporte público

Abel Caballero cualificou de “insólito” o luns 26 de decembro na cidade, que acadou unha ocupación hoteleira do 95% e onde a afluencia de persoas e vehículos era notable. A sala de tráfico municipal rexistrou a entrada de 53.000 vehículos na cidade, sendo así un récord histórico que tamén se veu repetido durante a xornada do martes.

“Esta demanda trasladouse a cafeterías, bares, restaurantes, comercios... Vigo é unha cidade referente en toda España e Europa, estamos a ese nivel”, dixo o rexedor en rolda de prensa.

O goberno local seguirá a aplicar o plan de mobilidade para días de máxima afluencia, cun reforzo da policía e restricións ao centro do tráfico rodado a partir das 17:30. “Os aparcamentos disuasorios de Samil están a funcionar”, animou o rexedor aos visitantes a utilizalos e logo coller o transporte público.