Lurdes Diéguez: “Facer galletas decoradas é como poñer os soños dunha persoa nun anaco de masa”
A aula da Asociación de Nas e Pais do Colexio de Cenlle acolle un obradoiro de galletas
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lurdes Diéguez imparte un obradoiro de galletas en Cenlle
Ourense
A aula da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do Colexio de Cenlle organizou un obradoiro de galletas, que se está a desenvolver ao longo da tarde de hoxe nas devanditas instalacións.
A responsable de impartir este obradoiro é Lurdes Diéguez, formada en respostería e que, actualmente, continúa a formarse nesta materia. Diéguez explícanos que no Colegio Carmen García Carrasco, en Cenlle, “hai poucos nenos e, entón, para facer excursións e cousas, hai moi poucos medios e acordamos facer o obradoiro e que eu lles cedera unha parte proporcional”.
Este obradoiro está destinado a nenas e nenos e, por tanto, a técnica empregada é fondat “que se moldea como plastilina”. Unha técnica máis sinxela que o royal icing , consistente en “crema de azúcar glas e unha clara de ovo e con manga pasteleira vas dando forma”.
Non é a primeira vez que Diéguez imparte un obradoiro sobre galletas, xa fixo un a comezos de decembro.




