Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Carmen Sampayo: “Hai que vixiar que esta baixada do IVE se traslade aos prezos que pagan os consumidores”

A presidenta do Colexio de Economistas de Ourense analiza o potencial impacto da rebaixa do IVE nos produtos básicos

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Entra en vigor a rebaixa do IVE en alimentación

00:00:0003:11
Descargar

Ourense

Os ovos ou froitas deixaron de ter un IVE do 4% para "facer fronte ao encarecemento da cesta da compra", segundo afirmou o goberno central. Unha medida que afecta a alimentos frescos de primeira necesidade como o pan, as fariñas panificables, as verduras, hortalizas, legumes, tubérculos e cereais.

Radio Ourense Cadena SER preguntou a varias consumidoras e consumidores que non parecían estar ao tanto da medida que entrou onte en vigor e hoxe, primeiro día laborable, debería repercutir no prezo dos devanditos produtos. Tamén atopamos cidadás e cidadáns que non apreciaban a rebaixa nos prezos pola súa levidade.

Do mesmo xeito, aínda que nos supermercados comprobamos a baixada do 4% ao 0% nos produtos básicos - agás iogures, carne e peixe- e do 10% ao 5% en aceites e pastas alimenticias, nas tendas pequenas a situación semella distinta. “Es inviable. Si me dices que dentro de tres meses baja el pan, me adapto a los nuevos precios, pero lo que tengo en el almacén es precio antiguo”.

Desde a Praza de Abastos, o seu presidente, Emilio González contounos que aínda que é cedo para facer balance “creo que se notará porque en la plaza los precios se ponen de producto producto, no hay subidas lineales”. Tambén amosaba o seu descontento ante a ausencia do peixe e a carne neste escenario de rebaixa do IVE. Neste sentido tamén se pronunciaba a presidenta da Asociación de Consumidores e Usuarios do Ribeiro, que lamenta que eses produtos que son os máis caros non entren na medida.

Pola súa banda, a presidenta do Colexio de Economistas de Ourense, Carmen Sampayo, afirma que hai que "vixiar que esta baixada do IVE se traslade aos prezos que pagan os consumidores" e que non se quede nunha ampliación de marxe para as empresas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir