Últimos días para visitar os beléns da provincia
Dende o belén de Baltar, na cidade, até o de Viruca, en Verín
Beléns para visitar en Ourense
Ourense
Está a rematar o Nadal ao que poñerá o ramo a visita dos Reis Magos. Coa fin do Nadal, acábanse tamén as oportunidades de visitar os distintos beléns que ofrece a cidade e a provincia de Ourense.
Dende a Asociación de Belenistas de Ourense, o seu presidente José Natalio Blanco subliña o interese do belén de Baltar, “Tiene personajes de la ciudad de Ourense, de la vida de Arturo Baltar, representaciones monumentales de la provincia”. O belén de Baltar está situado na praza de San Cosme e San Damián. O día 6 de xaneiro poderá visitarse en horario de tarde, de cinco e media a oito e media.
Outro belén, neste caso con pezas de distintos puntos do mundo e elaboradas con múltiples materiais, está no Bispado. O día cinco terá horario de tarde, de sete a nove da noite. Alberto Diéguez é Delegado de Misións da Diocese de Ourense e explica que esta idea “surge porque hubo un cúmulo de belenes que llegaban de distintos misioneros”.
Outro Belén na cidade, sitúase na igrexia de Fátima en O Couto. O seu autor é José Luis Acevedo que, dende que se xubilou, dedica o seu tempo libre a preparar esta obra da que recoñece que o que máis lle chama a atención “aos peques son as cebolas e os allos”.
En Verín o Nadal só comeza cando Viruca abre as portas do seu Belén, cuxo crecemento obrigou a sacalo da casa e fai máis dunha década que quedou instalado no salón da parroquia. Un belén que se vai renovando e do que Viruca se encarga de elaborar as figuras “díxome unha peregrina francesa que non hai unha casiña igual e ten razón”. Este belén pode visitarse de cinco a sete e media e os domingos e festivo en horario de once a unha da mañá. Aínda que pecha o día 9, Viruca sempre está disposta a amosalo “moitas veces abrín en pleno verán".
Son só algúns dos beléns que locen, nestes últimos días de Nadal, na cidade e provincia de Ourense.