Cabalgatas de Reis 2023: horarios e percorridos
A provincia de Pontevedra prepárase un ano máis para a chegada dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán os concellos na tarde do xoves para ledicia dos máis pequenos
Cabalgata de Pontevedra
Serán recepcionados polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a Concelleira de Festas Carmen da Silva ás 11:00H. A esa hora saudarán dende os balcóns e xa se disporán a recibir á cativada que se achegue ate a praza da Pedreira.
Antes, está previsto que pasen polo Club Social e Deportivo de Campolongo (10h) para logo facer unha visita aos maiores da residencia de Campolongo (10.45h), continuando cunha visita ao Estadio da Xuventude (12.30 horas) para asistir á gran festa do atletismo do V Torneo de Reis.
Pontevedra CGTD.- As Súas Maxestades de Oriente regresarán este xoves ao Estadio da Xuventude para asistir á gran festa do atletismo do V Torneo de Reis A proba atlética acadará neste 2023, na súa volta á normalidade trala pandemia, unha participación absolutamente récord, coa presenza de 750 nenos e nenas procedentes das catro provincias galegas (o ano pasado foron uns 400 atletas e en 2019 uns 600).
Asemade, nesta edición post Covid tamén regresarán ao Estadio da Xuventude, da man da Concellería de Cultura, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, que se achegarán á pista de atletismo ás 12:30 horas para repartir ilusión entre os rapaces.
Horario e percorrido: Ten un percorrido máis longo. Saída 18:00H dende a Avda de Lugo para rematar en Echegarai. Ata seis carrozas de gran tamaño con motivos variados van formar parte da comitiva:
- Zona Monumental participará coa carroza Tigre Siveriano.
- Avícola de Galicia cunha de Pocahontas.
- Supermercados Froiz coa de Dragon Ball.
- Melchor, Gaspar e Baltasar terán cada un o seu correspondente transporte.
Están reservadas dúas toneladas de caramelos sen gluten, para todo o percorrido. O concello matiza como anticipo, que haberá camelos pero mantendo a premisa de que non haberá ningún animal real en toda a cabalgata de Pontevedra.
Os seis transportes estarán acompañados de máis de dúas decenas de grupos e propostas de animación creados por diferentes colectivos e agrupacións como Rivel Animación, Barafunda, Art-Monium, Troula ou Pablo Méndez. Por suposto, a música tamén estará presente coas actuacións da charanga Airiños de San Martiño, o grupo folclórico Pola Vila, Duos Pontes ou os Fervellos do Pío.
Los Reyes desfilarán por Vilagarcía acompañados de un séquito de 450 personas
La cabalgata partirá a las siete de la tarde de la plaza de la II República. Melchor, Gaspar y Baltasar recorrerán la Avenida da Mariña, alameda, y plaza Doutor Carús. Luego seguirá por Alexandre Bóveda y Alejandro Cerecedo, y girará en Doutor Tourón para pasar por la plaza de España y Edelmiro Trillo y Padre Feijoo antes de dirigirse a Arapiles, donde los monarcas se bajarán de sus carrozas para hacer a pie el tramo final del recorrido hasta Ravella. Tras cruzar sus jardines, procederán a realizar sus ofrendas de oro, incienso y mirra ante el Niño Jesús del Belén viviente que estará instalado ante el Concello.
Tras cumplir con ese mandamiento, los tres Magos de Oriente se dirigirán a toda la rapazada que allí se encuentre concentrada. Será justo antes de subir al salón noble de Ravella, donde protagonizarán la tradicional recepción real y saludarán a todos los niños y niñas que quieran tener un rato de conversación con los Magos.
Cabalgata de Poio
Pola mañá, a comitiva real desprazarase polo municipio, acompañada de diferentes colectivos locais de animación. Xa pola tarde, logo de realizar unha ‘Ruta Real’ pola PO-308, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán ás crianzas e escoitarán as súas peticións de agasallos na carpa de A Seca. Sen faltar animación, música, inchables e obradoiros, a cargo de Barafunda.
Horarios percorrido Parroquias:
- 10.45 horas os Reis Magos chegarán a Poio ao Casal de Ferreirós. Posteriormente, iniciarán o percorrido en tres vehículos diferentes, partindo do parque Rosalía de Castro. Logo de pasar polos núcleos do Vao, A Caeira, A Barca e A Porteliña, a comitiva.
- 11.40 horas a comitiva pasará por Costa Xiráldez.
- 12.00 horas Praza da Granxa de Campelo.
- 12:30 horas Praza da Chousa de Combarro.
- 13:00 horas Praza Romay Besada de Samieira.
- 13.20horas Porto de Raxó.
- 14.00 horas está prevista a chegada da comitiva á Casa Consistorial, onde as maxestades serán recibidas polo alcalde, Luciano Sobral, e realizarán a tradicional saúda desde o balcón do Concello.
Amenizado por varios grupos locais, como son Vides Novas, Charanga 112, Batucada Os Queimatasas e Charanga Mil9.
Horario e percorrido da cabalgata: 16:00 horas dende Ferreirós ate Raxó pola PO-308 . De Raxó a comitiva tomará rumbo cara a carpa da Seca, onde a gran celebración comezará ás 17.00 horas.
Este ano, as cativas e cativos volverán poder estar cos Reis Magos e achegarse a eles para abrazalos e trasladarlles as súas peticións de agasallos.
Cabalgata de Marín
A comitiva sairá ás 18.45 horas da Avenida de Ourense, á altura de Nodosa, e fará o seu percorrido habitual, ate chegar ó Parque Eguren. Este ano o percorrido rematará no Templo Novo, onde se instalará o Belén Vivinte, organizado polo Concello de Marín e a Asociación Os da Caña.
Cabalgata de Sanxenxo
Será o Tren Mago o que anunciará a chegada dos Magos ó concello pola tarde.
- 10:30 horas O Tren Mago sairá do Porto Deportivo para percorrer todas as parroquias de Sanxenxo.
- 16:30 horas Recepción Real na Sala Nauta àra que rapazas e rapaces disfruten do seu Mago favorito. Fóra, animarase a espera.
A Cabalgata Estará encabezada polo Tren Mago con 31 nenas e nenos de Sanxenxo elexidos por sorteo.
- 19:00 horas Saída da comitiva do Porto Deportivo. Tren Mago e as tres carrozas de Melchor,Gaspar e Baltasar.
- Percorrido: Porto Deportivo, Rúa Madrid, Rotonda A Florida, Progreso, Rotonda Terraza, Luis Vidal Rocha, Paseo de Silgar, Avenida de Galicia, Rafael Picó, para rematar no Porto de Portonovo.
- Fogos Artificiais. Está previsto que un espectáculo pirotécnico, con más de 100 efectos y formas diferentes iluminen a noite de Reis de Sanxenxo a partir das 21:00 horas Os foguetes de artificio votaranse dende o Porto Deportivo de Sanxenxno durante 11 minutos .O concello avanza novidades e sorpresas para o arranque lumínico que promete ser espectacular.
Concello de Lalín
A Cabalgata contará con sete carrozas de luces e cores desde onde os Reis Magos repartirán 800 quilos de caramelos sen glute. O día 5 de xaneiro sairá ás 18 h de diante da Casa da Xuventude e percorrerá as principais rúas lalinenses para rematar sobre ás 19.00 h onde a Fonte dos Cabalos. A recepción das súas Maxestades está previsto que dea comezo ás 19.15 na Aldea dos Reis Magos
Percorrido: A saída da Cabalgata terá lugar ás 18.00 h diante da Casa da Xuventude e percorrerá as seguintes rúas: Praza da Marina, rúa Antonia Ferrín Moreiras, Avda. Luís González Taboada, baixada pola Avda. de Bos Aires, Joaquín Loriga, Principal e rematará onde a Fonte dos Cabalos sobre ás 19 horas. Á finalización do percorrido a carroza dos Reis sairá cara á Aldea dos Reis Magos e o resto da Cabalgata cara á Casa da Xuventude.
Ás 19.15 horas, aproximadamente, terá lugar a recepción de súas Maxestades na Aldea dos Reis Magos (Praza do Concello 1, onde está a biblioteca municipal).
Antes de facer o percorrido polas rúas lalinenses as súas Maxestades visitarán as persoas residentes no centro de maiores “Nosa Señora das Dores” (de 16 a 16.35 h, aprox.), o centro de maiores “Geriatros” de (ás 16.45 a 17.15 h, aprox.) e o centro de maiores “Hogar de Santa Rita” ( de 17.15 a 17.30 h, aprox.).
As súas Maxestades e o Concello piden colaboración e paciencia por anticipado aos condutores ante posibles molestias que se poidan producir durante a circulación o día 5 de xaneiro, polo que recomendan con transitar con calma. Os Magos deben facer o seu traballo de saudar e repartir caramelos aos/ás nenos/as que os agardan na tarde do día 5 antes de achegarse ás súas casas pola noite a deixarlle os seus merecidos agasallos.
A Estrada
Este ano non haberá menores figurantes por cuestións de seguridade.E incorporarse á comitiva a Carroza das Carboeiras , encargada dos carbóns para os que non merezan outra cousa.
Cabalgata: Sairá ás 18:30 horas do Centro de Saude pasando polas Rúas Varela Buxán, Ponteareas, Ulla e Cañlvo Sotelo. Tras pasar pola Plaza da Farola , irá cara Pérez Viondi e Avda Benito Vigo para rematar na Praza do Concello, onde terá lugar a recepción real.
A comitiva estrá aberta pola Banda de Música Municipal de A Estrada, seguida dos xigantes e cabezudos. Tamén estarán presentes os músicos do Obradoiro Carlos Barruso.
Cácúlase que que a partir das 19:15H, aas Suas Maxestades tomarán asiento nos tronos para falar coa cativada. Serán recibidos con fogos de artificio.
Cabalgata de Caldas de Reis
A tradicional Cabalgata de Reis de Caldas partirá ás seis da tarde do 5 de xaneiro desde o Paseo Román López. Despois, celebrarase unha recepción na Praza das Palmeiras para que os cativos interactúen con Melchor, Gaspar e Baltasar.
Cabalgatas de Reis no Salnés
O Grove: a gran Cabalgata que sairá as 6 dende o colexio Vallen Inclán
A Illa: recibe as súas maxestades as 5:30 no peirao do Xufre onde chegarán para facer un percorrido e estar cos cativos.
Meis: recibe os reis maís cedo,a 1 da tarde farán un percorrido dende a Casa de Escudeiro pasando pola Praza de España e rematando no Mercado de Abastos
Meaño: Teñen tamén moito traballo,pola mañán recepción no Concello e pola tarde estarán nas Cabalgatas de DENA E XIL todas as 7 da tarde.
Vilanova: ten preparados 4500 xoguetes para repartir entre os nenos entre 0 e 12 anos do concello,será no Multiusos as 7:30 da tarde,o farán os Reis que chegarán ata ahí despois da súa chegada en barco as 3:30 o peirao e o seu posterior percorrido en autobús por todas as parroquias para chegar as 6 as rúas do centro.
Cambados: as 4:30 dende a Escalinata de San Tomé sairá a Cabalgata e ademáis haberá xogos e hinchables no Parque de Torrado entre as 4 e as 6.
Ribadumia recibirá os Reis Magos o 5 de xaneiro
Ademais das Súas Maxestades de Oriente, este ano, a Cabalgata de Reis contará coa presenza de personaxes de Marvel e Papá Noel.
Desde as 18:30 horas, as carrozas dirixiranse desde Os Castaños ata a Praza do Concello, onde se fará a recepción oficial dos Reis Magos e ofrecerase algodón de azucre e flocos de millo a todos os asistentes.
O Concello de Ribadumia anuncia a data e a hora da Cabalgata de Reis do ano que está a piques de chegar. A tarde do xoves 5 de xaneiro é a escollida polas Súas Maxestades para percorrer o noso municipio e agasallar á rapazada con caramelos. Este ano, irán acompañadas de personaxes Marvel, entre as que se destaca a presenza de Iron Man, Capitán América.
A Cabalgata de Reis comezará ás 18:30 horas o seu traxecto desde Os Castaños, e irá acompañada polas panxoliñas interpretadas polos músicos da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia ata a Praza do Concello, onde se realizará a súa recepción oficial. Ademais, desde primeira hora da tarde, Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán todas as parroquias de Ribadumia para que tanto nenos e nenas como maiores gocen da súa visita.
Este ano, haberá unha pequena sorpresa con toda a pequena veciñanza, pois nunha das carrozas tamén irá subido Papá Noel, xa que non puido visitar a pé os establecementos de Barrantes, nin tampouco percorrer os establecementos de Ribadumia na súa carruaxe debido ás malas condicións climatolóxicas. Esta figura decidiu visitar o noso municipio por última vez antes de volver á Laponia finlandesa, onde reside o resto do ano.
Unha vez rematada a Cabalgata, e durante a recepción oficial, ademais das larpeiradas que entreguen os Reis Magos ós nenos e nenas, todos os alí presentes estarán convidados a algodón de azucre e flocos de millo.
Desde o goberno local convídase a toda a veciñanza do municipio e arredores a asistir a este evento, onde poderemos gozar da música, da compañía e dos rostros de ledicia e ilusión que caracterizan estas datas, sendo un dos días máis importantes do ano para a rapazada.
Cerdedo-Cotobade
Ás 17 horas a comitiva dos Reis Magos visitará a Residencia de Maiores de Cerdedo. A continuación, comezarán o tradicional pasarrúas e ofrenda o neno Xesús na Praza do Concello de Cerdedo. A Cabalgata remata no pavillón, onde todos os nenos e nenas recibirán o seu agasallo.
A Cabalgata dos Reis Magos percorrerá todas as parroquias do municipio de Cerdedo-Cotobade. Desde o Concello prégase paciencia e comprensión porque os horarios son orientativos, pero pode haber un pequeno retraso.
Os Reis Magos chegan a Moraña
Un ano máis, chega unha data moi sinalada para os cativos e cativas da casa. Dende o Concello de Moraña, queremos facer partícipes a todos os veciños e veciñas na Cabalgata de Reis.
As tres carrozas dos Reis Magos farán un percorrido por todas as parroquias do concello co seguinte horario: Ás 16.00h comezaremos no Campo de Lebón, O Covelo (16:10), Campo da Festa de Alberguería (16:20h), Igrexa de Saiáns (16:35h), Igrexa de Rebón (17:00h), Soar (17:25h), Cosoirado-Cemiterio (17:40h), Capela dos Milagres de Amil (18:10h), Casa Giao-Sorrego (18:25h), Marquesina de Paraños (18:35h), Molina-Alende (18:50h), Parque da Bouza (19:00), Carballeira de Santa Xusta (19:15h), Fonte de Trambosríos (19:30), Marquesina de Penagrande (19:40h), Pumariño (19:45h), Carballeira do Souto (19:50h). A partir das 20:15h a Cabalgata fará o seu percorrido polas rúas de Santa Lucía acompañada pola Banda de Música Nova Lira de Moraña.
Ó rematar os nenos e nenas poderán entregarlles as súas cartas aos Reis Magos na Aldea do Nadal. O Concello convidará a todas as persoas asistentes a chocolate con rosca.
Chegada dos Reis a Cuntis
Cuntis recibirá este xoves día 5 a visita das súas Sus Maxestades os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as parroquias a partir das 11.00 horas. Pola tarde, a partir das 18.30 horas, visitarán as rúas da villa. Ás 19.00 horas no Centro Patelas terá lugar a Recepción dos Reis.
Cuntis recuperará tamén este xoves a Festa de Ano Novo 2023 adiada polo mal tempo en Noitevella. Será a partir dás 21:30 horas na carpa da Praza da Constitución. Contará coa colaboración da Asociación Cultural Belle Époque Cuntis
O venres, ás 18.00 horas, na Igrexa de Cuntis, celebrarase o Concerto de Reis coa Banda de Música Municipal da Estrada.
Cabalgata de Barro
As súas Maxestades de Oriente chegarán a Barro ás 17:30H para estar coas nenas e nenos da localidade no Pazo da Crega. Alí serán recibidos polo Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro.
Cabalgata: Sairá do Pazo da Crega ate chegar a Nave da música. O percorrido rematará coa música de DJ Moe e e a degustación de chocolate e rosca para todas as persoas asistentes.
Cabalgata de Reis de Valga
Inchables, obradoiros e chocolate con churros para recibir os Reis Magos. A partir das 17:00 horas haberá xogos infantís nos exteriores do Belén Artesanal. Todos os nenos poderán saudar ás Súas Maxestades e recibirán un agasallo.
Os Reis Magos de Oriente estarán en Valga o vindeiro 5 de xaneiro con motivo da tradicional recepción que terá lugar nas inmediacións do Belén Artesanal en Movemento. Despois de dous anos sen poder visitar Valga, Melchor, Gaspar e Baltasar están impacientes por saudar a todos os rapaces valgueses e cumprir os seus desexos. O Concello ten preparada unha tarde chea de actividades para recibir ás Súas Maxestades.
A partir das 17:00 horas haberá inchables e obradoiros para que os nenos poidan divertirse mentres agardan a chegada dos Magos de Oriente e tamén chocolate con churros gratis para todas as persoas que se acheguen a recibilos. A chegada da comitiva real está prevista para as 18 horas.
O alcalde, José María Bello Maneiro, será o encargado de darlles a benvida e, a continuación, entregaranse os premios do XXI Concurso de Beléns. Despois chegará o momento máis agardado por todos os nenos, que poderán subir a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar, que lles entregarán un pequeno agasallo como anticipo de todos os que atoparán nos seus fogares na mañá do día 6.
Catoira recibe os Reis as 5 na Praia Fluvial de onde partirá un percorrido.
Tamén en Portas os reis un pouquiño antes das 4 da tarde escomenzarán un percorrido por todas as parroquias que rematará as 7 no recinto da Azucareira.
Pontecesures ten previsto que dende a nave de obras iníciese a cabalgata as 5 para facer un percorrido que rematará na Plazuela onde serán recibidos polo alcalde.
Los Reyes Magos visitarán el Barbanza: recorridos y horarios de las cabalgatas
En buena parte de los concellos se mantienen los recorridos previos de Sus Majestades por todas las parroquias Tras los dos últimos años, marcados por las restricciones derivadas de la pandemia, las cabalgatas de Reyes recuperan en esta edición el esplendor de tiempos pasados.
Ribeira
Una decena de carrozas integrarán la cabalgata que recorrerá Ribeira a partir de las seis de la tarde. Será a esta hora cuando los Reyes Magos arriben al puerto de la ciudad a bordo de las dornas de la Real e Ilustre Cofradía. Los grupos de música Os Castros, Charanga BB+, Fanfarria Farruxa y la banda Ferrol Cristo de la Buena Muerte amenizarán el recorrido, que también estará animado por una serie de personajes marinos de Barafunda y un grupo de grandes y coloridos pájaros que llegarán de la mano de Can Cun Quinqué. El itinerario de la comitiva real será el habitual, culminando con la visita al belén viviente y la recepción en la plaza del ayuntamiento.
Boiro
Lampón será el punto de partida de la cabalgata de Boiro, que arrancará a las 17.00 horas. A las ocho carrozas dispuestas por la comisión de vecinos de esta parroquia se sumarán agrupaciones musicales, espectáculos de animación callejera y los tradicionales romanos, lanceros, espaderos y antorcheros. Un tramo de la calle Principal, entre la avenida de Compostela y Salvador Allende, no tendrá música ni luces para favorecer el acceso de las personas con TEA.
Rianxo
A las 15.00 horas en A Bacariza iniciarán su recorrido por Rianxo los visitantes que el jueves llegarán desde el lejano Oriente. Tras una ruta por las diferentes parroquias del término, está previsto que la cabalgata se adentre en el casco urbano a las 19.00 horas, acompañada por Vai de Roda, Buxaina, Panxoliñas Surfing y un grupo de animación callejera de Barafunda. Antes de recibir a los más pequeños, Sus Majestades realizarán una ofrenda ante el belén viviente que estará instalado desde las 17.30 en la plaza Castelao.
A Pobra
El ejecutivo pobrense ha optado por conjugar la tradicional cabalgata con un recorrido por las parroquias que empezará a las 11.00 horas en San Paio y concluirá a las 14.20 en la casa consistorial, donde los Reyes Magos serán recibidos por la corporación. El recorrido por el casco urbano partirá a las 17.30 horas del polideportivo de Venecia, incluirá una parada en el belén de la plaza Alcalde Segundo Durán y culminará en la casa consistorial, donde Sus Majestades atenderán a los más pequeños.
A Cabalgata dos Reis Magos volta as rúas de Silleda con batucada e animación
Para maior seguridade os nenos e nenas irán en autobús de época. O percorrido partirá ás 17:45 ao inicio da rúa Progreso. Faranse 4 paradas ao longo do periplo para tirar caramelos. Ao remate, as súas Maxestades recibirán as peticións de todos os nenos e nena no pavillón municipal César G. Fares, con chocolate con churros gratis para todas as persoas asistentes. Tamén se celebrará o gran sorteo de ECOS e da paga extra de Nadal de 1.000 euros que aporta o Concello de Silleda
Percorrido: iniciarase, aproximadamente, ás 17:45 horas do xoves. As súas Maxestades de Oriente xunto co resto da comitiva aparecerán ao inicio da rúa Progreso (á altura do enlace ca rúa da Estación) para protagonizar unha agardada visita noutra noite máxica de Reis.
Melchor, Gaspar e Baltasar chegan este ano acompañados de sorpresas para recoller as peticións dos nenos e nenas de Silleda e festexar o seu regreso despois de dous anos de ausencia nas rúas. Así, as Súas Maxestades farán o percorrido a ritmo de batucada traendo dende Oriente, outros números de animación como dous maniquís xigantes e varios zancudos que animarán o periplo polas rúas de Trasdeza.
O percorrido seguirá por toda a rúa Progreso, avenida do Parque (ata o enlace con Chousa Nova), rúa María Colmeiro, rúa Venezuela e Outeiro, voltando de novo ao pavillón municipal César G. Fares, onde terá lugar a rececpción Real.
Por motivos de seguridade, os nenos e nenas non subirán este ano ás carrozas reais. Aqueles que queiran participar (de 4 anos en adiante) poderán anotarse ata mércores na Casa da Xuventude-Biblioteca. Viaxarán na comitiva en autobús de época e participarán na tirada de caramelos que se realizará, tamén por motivos de seguridade en 4 puntos estratéxicos do percorrido : na rúa Progreso (tramo final antes da rúa Trasdeza); na avenida do Parque; na rúa María Colmeiro e ao final da rúa Venezuela.
Recepción final, sorteo e chocolatada. O percorrido rematará no pavillón municipal César G. Fares de Silleda, onde as Súas Maxestades recibirán a todos os nenos, aos que agasallarán con bolsas de caramelos (todos sen gluten) recollendo as súas peticións nesta noite máxica.
Tamén no pavillón terá lugar o gran sorteo de Nadal de ECOS, para o que é preciso acumular tickets por importe total de 100€ (pode ser un so tiquet de 100€ ou importe supeiror ou varios tickets de distintas tendas ou da mesma - sempre socios de ECOS- cuxa suma total sexa 100€ como mínimo).
Os sobres cos tickets e a tarxeta co nome e teléfono da persoa que xoga deben ser entregados nos mesmos establecementos ECOS que teñen unha urna habilitada para a campaña durante todo o período de Nadal.
Ademais dos vales en premios que reparte a asociación ( 1 de 500€; outro de 300 euros; 2 de 200 e 3 de 100 euros) tamén o xoves se sorteará a Paga Extra de Nadal que outorga o Concello de Silleda por valor de 1.000 euros. A xornada rematará no pavillón cunha chocolatada con churros gratis para todas as persoas asistentes.
Vilaboa
As suas Maxestades de Oriente percorrerán en tren todas as parroquias da localidade a partir das 15:00 Horas.Un perocrridpo que aporta cambios:
Sairán do peirao de San Adrián irá ata o adro de festas de Santa Crsitina, parando antes na Casa de Cultura de Riomaior.Segue ata Acuña, subindo pola EP0101 dirección Novás, Casal de Santa, Picho ata coller a EP0102 dirección Postemirón.Sae do Campo de Festas de Postemirón cara Figueirido, lugar de Croas hacia Sabaxans, Rialiña, Ramalleira, cruzando a N550 para seguir en Bertola pola EP002.
Sube por Santa Marta dirección Escola unitaria, segue hacia Pedrouzo, Rial, Outeiro ata chegar a Figueirido. Ollo, este ano non remata en Santa Marta, non chega ata o Pombal En Figueirido pasando por Alcouce, Canabal, Borrateiros, Pazo chegando a Vilaboa. Na parroquia de Vilaboa entramos por Cimadevila, Rio, Coruxeiro, Toural, collendo dirección As Salinas. Rematará entrando en Paredes, pola Ponte García dirección Carretera Vella.
Haberá inchables, pola mañá de 10 a 13 horas no Adro de Festas de San Adrián, e pola tarde, de 17 a 20 horas, na Carretera Vella de Paredes.
Forcarei
Dúas cabalgatas con saída de Soutelo, ás 17:00H e de Forcarei ás 18:30 Horas. As súas Maxestades visitarán ós maiores da Residencia de Forcarei e acudirán á Praza da Igrexa para compartir coa cativada chocolote con rosca. Non faltarán os fogos de artificio.
Vila de Cruces
Os Reis visitarán a Residencia de Maiores ó chegar a Vila de Cruces a eso das 18:30Horas. Será ás sete cando empece a cablgata polas rúas dende o auditorio Xosé Casal. Hai cambios no percorrido polas obras que afectan á Rúa Vázquez:
Rúa Neira Vilas, rotonda do concello cara a Igrexa e rematarán de novo no auditorio. Ó rematar, está prevista a recepción sobre as 19:30H. Non faltará o chocolate con churros.
Agolada
A comitiva con Melchor Gaspar e Baltasar, sairá da Praza do Concello ás 17:00H do colexio e rematará na Praza do concello
Rodeiro
A cabalgata coas carrozas dos Magos sairá ás 17:00H da Casa da Cultura. Rematará na Praza do Concello, onde se instalará unha carpa para a recepción de Melchor,Gaspar e Baltasar. E para rematar a actuación nde Dani Barreiro e o Trío Somoza.