A deputación traballa para reparar os destrozos da chuvia na EP-2102 que une Nigrán e Vincios
A obra, que xa está en marcha, contempla a construción dun muro de contención para garantir a vialidade e evitar o risco de colapso da estrutura e o derrube da calzada
Trabajos en Vincios.
Vigo
As intensas choivas que se viviron nos últimos días na provincia de Pontevedra seguen a producir incidencias na rede viaria provincial. En concreto, as sufridas especialmente o pasado 1 de xaneiro afectaron a varios puntos do noiro da estrada provincial EP- 2102, que une Nigrán e Vincios, onde xa se está a construír un muro de contención para garantir a vialidade e evitar o risco de colapso da estrutura e o derrube da calzada no punto quilométrico 3+000.
Neste punto en concreto, a estrada ten unha sección moi estreita, case sen beiravía e sen berma, e os deslizamentos deixaron o borde da estrada colgando, situación que impedía garantir a estabilidade do noiro nin a seguridade do tráfico. Por esa razón, foi necesario facer un desvío do mesmo, regulando o tráfico alternativo con semáforos, para afastar así as cargas de circulación do borde e evitar que a estrada seguira desmoronándose. Todo isto estaba a provocar un risco e unha grave interferencia no tránsito rodado da estrada, o que fixo necesaria unha actuación de emerxencia para garantir a viabilidade e evitar riscos de danos maiores.
Por iso, a Deputación de Pontevedra procedeu a contratar a obra de emerxencia para a construción dun muro de contención no citado punto quilométrico 3+000 da EP-21202 Nigrán-Vincios. As obras, que xa se está a executar a empresa Cantería y Obras Manuel Vaqueiro S.L.U., ten un custo estimado de 40.00o euros (IVE incluído).
María Díaz
Responsable de los Informativos Matinales de...Responsable de los Informativos Matinales de Radio Vigo. En la actualidad presenta también el programa Plató Abierto de Televigo. Licenciada en Periodismo por la Facultat de Ciències de la Comunicació de la Universitat Ramon Llull, ha trabajado también en prensa escrita y revistas culturales.