Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Os Reis Magos percorren a provincia de Ourense

Melchor, Gaspar e Baltasar teñen unha axenda moi apertada e queren pasar polos distintos puntos da provincia.

Os Reis Magos percorren a provincia de Ourense. EFE/ Raquel Manzanares. / RAQUEL MANZANARES (EFE)

Os Reis Magos percorren a provincia de Ourense. EFE/ Raquel Manzanares.

Ourense

Un deles é Pereiro de Aguiar, onde o alcalde do municipio, Luis Menor salienta “temos confirmada a presenza de máis de 50 nenos que asistirán. Por tanto, será o último acto dun Nadal que volve a ser o de sempre”.

En Ribadavia, a partir das seis da tarde os Reis Magos de Oriente sairán do IES O Ribeiro con destino Praza Maior. Repartirán caramelos sen glute. Un concello no que o sábado ás seis da tarde actuará a Banda de Música A Lira de Ribadavia na Casa da Cultura Manuel María.

Outra cabalgata que volve é a de Xinzo de Limia a partir das seis e media “acompañada de distintas representacións teatrais. A recepción será ás oito da tarde”.

Sen saír da comarca da Limia, en Sandiás recuperaron o Cantar de Reis. O alcalde do municipio, Felipe Traveso salienta “a tradición nosa de nenos que cantabamos e pediamos un chourizo”.

O AVE é o medio de transporte escollidos por estes tres reis, que chegarán ás cinco e media da tarde á estación da cidade. Será ás seis cando comecen o seu percorrido até a Praza Maior. Repartirá 4.000 quilos de caramelos, mais non só será dar. Tamén atoparán sorpresas ao seu paso, por exemplo o belén vivinte infantil. Unha tradición que se retoma logo da pandemia por parte da Asociación de Belenistas de Ourense, que levan dende 1966 con esta iniciativa.

En Cenlle, o sábado, na Igrexia de Barbantes haberá o Concerto de Reis ás seis e despois chocolatada na Casa do Pobo de Barbantes. Agora só fica darlles unha boa benvida e agardar a que comecen a caer as lambetadas que poña o último toque doce ao Nadal.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir