Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Política | Actualidad

José Ramón Rojo racha co PP

Será candidato cos independentes e aspira á maioría

Corcubión

O acordo entre José Ramón Rojo e o Partido Popular saltou polos aires. Logo de numerosas reunións e de que o propio Rojo confirmase a súa fichaxe polos populares, finalmente non vai a haber pacto. O candidato por PACOR nas últimas elecións repetirá como número 1 do partido creado por el mesmo. “Vou de novo co meu partido, síntome máis libre para facer política local” explicaba nos micrófonos de Radio Nordés Cadena SER. “O PP propúxome ir con eles, pero síntome mellor cun partido local que cun partido grande. Respétoos moitísimo, son xente boa, pero debo traballar polo meu pobo” xustificaba un José Ramón Rojo que optou por manter vivas as súas siglas. “Saín con representación á terceira ocasión. Dábame pena perder ese traballo”.

O edil independente cre que non vai ser unha comparsa na nova corporación e acude á cita coas urnas co obxectivo de ser o próximo alcalde. “Non é unha fantasmada pensar na maioría despois da alta traizón que me fixeron” explicaba Rojo lembrando o sucedido ao comenzo da presente lexislatura. José Ramón Rojo foi expulsado do goberno municipal logo de acadar un acordo de investidura co PSOE. O concelleiro do PACOR facilitou o acceso á alcaldía dos socialistas a cambio dunha concellería de obras na que apenas durou catro meses. Aquel suceso aínda provoca as queixas do ex edil de obras. “Que che voten sen motivo… o pobo sabe o que pasa en Corcubión” sentencia antes de debuxar unha situación insostible no concello que aspira a gobernar. “É unha época de caciquismo. A xente dirá se quere seguir así ou se quere a libertade. É un dos pobos de Galicia máis oprimidos” manifestou no “Vivindo a Costa da Morte”.

Senda Peonil

Rojo aproveitou a ocasión para unirse a Alfredo González, voceiro de Sempre Corcubión , nas críticas á execución das obras da senda peonil ao Faro. “Esa senda é unha `autopista al cielo´ porque vai a haber accidentes. O alcalde tiña que pedir un presuposto para darlle seguridade á vía. Onde está a natureza? Cortaron as árboles. Onde está o impacto ambiental?”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00