Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad

Más de medio millón de euros para investimento social en Ribadavia

A crise aumentou considerablemente o número de demandantes

Vista de Ribadavia / GoogleMaps

Ribadavia

En plena crise, o Concello creou un Bono social mensual, chegando cada mes a 40 familias que antes non tiñan esta axuda para luz, auga e cesta da compra. Ademais do Bono Social, en Ribadavia subiuse o investimento para o aumento do Servizo de Asistencia no Fogar, de Xantar na Casa, dos Servizos de Conciliación e creación de novos servizos, da axuda Material escolar, para a Creación do Bono nacemento para empadroados, entre o máis destacado.

O orzamento para servicios sociais foi de 646.711 euros en 2022, o que supón un importante incremento respecto a anos anteriores, cómo exemplo os 200.000 euros máis en relación co ano 2018.