Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Mos corre contra o cancro

Hoxe foi presentada a primeira edición desta carreira popular solidaria que se celebrará o domingo 26 de febreiro

Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello a presentación da carreira 10K, ‘CorreMOS contra o CANCRO’, organizada pola admistración local mosense, á que asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, Igualdade e Participación Cidadá, José Areal, concelleiro de Deportes, Carlos Adán, atleta olímpico que participou nos Xogos de Barcelona 1992 na proba de 10.000 metros, a polifacética deportista mosense, Verónica Romero, e membros da directiva da Xunta Local de Mos da AECC.

Este evento deportivo será solidario e o recadado coas inscricións será íntegramente destinado á Asociación Española contra o Cancro.

A carreira celebrarase o domingo 26 de febreiro con saída e chegada ao Pazo de Mos. Os/as interesados/as en participar contan coa posibilidade de decantarse pola opción de andaina ou carreira. Ás 10.15h sairá andaina cun percorrido de 5K de distancia e ás 10.30h dará comezo a carreira 10K (1ª volta 5.400m e 2ª Volta 4.600m).

Para participar é precisa inscrición previa a través da web www.cronotec.es ou en dependencias municipais, cun importe de 5€ para a andaina e a carreira 10€.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir