Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello de Vigo adica 220.000 euros ás fundacións Laxeiro e Museo Liste Etnográfico

A oficina de voluntariado conta cun investimento de 114.000 para apoio técnico que axude a coordinar a máis de 700 persoas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero deu conta dos 220.000 euros achegados á cultura da cidade na Xunta de Goberno celebra o xoves. O goberno local aprobou a transferencia de 95.000 euros á Fundación Laxeiro e 125.000 euros á Fundación – Museo Liste Etnográfico.

Caballero destacou que o Concello está a pagar o 70% do mantemento da Fundación Laxeiro e case o 100% da Fundación – Museo Liste Etnográfico, cuestión que reprochou á Xunta de Galicia: “Sorprendentemente a Xunta só pon 15.000 euros para a Fundación Laxeiro, un gran revolucionario da pintura na segunda metade do século XX en toda España que transcende as nosas fronteiras. Convén dicir que a Xunta paga exposicións e museos enteiros en A Coruña e Santiago e aquí 15.000 euros. Esa é a súa achega cultural”.

O alcalde lembrou que Vigo está a preparar unha exposición da obra de Laxeiro no museo MARCO e unhas rutas xunto á Deputación de Pontevedra para dar a coñecer a cidade a través das rutas dos lugares que forman parte da vida de Laxeiro e a obra do pintor.

Voluntariado

A Xunta de Goberno tamén contratou o apoio técnico á oficina de voluntariado cun importe de 114.000 euros para coordinar a actuación dos voluntarios de Vigo, mellorar a súa atención en actividades, a xestión de eventos e facer distintas accións. O Concello conta con máis de 700 persoas inscritas no voluntariado.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir