Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta investirá 1,9 M€ no programa de atención terapéutica de menores en réxime de protección ata o ano 2026

Aplicarase por vez primeira en réxime de concerto o que permitirá desenvolvelo en todas as provincias galegas

Khanchit Khirisutchalual

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria do programa de atención terapéutica destinado a nenos e adolescentes no sistema de protección que, por vez primeira, se realizará en réxime de concerto para facilitar o seu acceso en todas as provincias galegas. Para a súa posta en marcha o Goberno galego investirá 1,9 millóns de euros ata o ano 2026 o que supón un incremento do 50% no seu financiamento con respecto a anteriores edicións.

Este importe será cofinanciado nun 60% polos Fondos Social Europeo Plus e nun 40% restante pola Consellería de Política Social e Xuventude. Esta proposta, moi valorada polos técnicos de menores, atenderá a 290 nenas, nenos e adolescentes en garda ou tutela da Xunta ou baixo medidas xudiciais que presentan importantes desaxustes emocionais por sufrir desprotección ou maltrato, por terse separado da súas familias ou porque no seu fogar existisen dificultades de convivencia severas ou cronificadas.

O obxectivo de realizar este programa en réxime de concerto é que se pode distribuír a atención por provincias en función das necesidades detectadas en cada territorio. A estes terapeutas poden acudir tanto os propios menores como as súas familias biolóxicas e acolledoras, así como os profesionais que traballan con eles.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir