Vermú con SER
Sociedad | Actualidad

Manuel Dios Romero: a historia dun emigrante en Alemaña e a súa paixón pola “requinta”

Xa o seu avó tiña unha “requinta”, un instrumento musical do folclore galego polo o que o noso convidado sente un afecto especial

Manuel Dios Romero: a historia dun emigrante en Alemaña e a súa paixón pola “requinta”

Manuel Dios Romero: a historia dun emigrante en Alemaña e a súa paixón pola “requinta”

20:14

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1673854498_530_cut/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Pensemos por un momento nun fermoso entorno rural galego nun día festa no verán. O resplandor do sol, as papatorias, as xuntanzas cos amigos, ca familia…e a música. Os grupos folclóricos galegos son identidade propia da cultura galega e non imaxinamos unha festa na nosa comunidade sen eles. Esta fin de semana en Radio Pontevedra – Radio Arosa e Radio Pontevedra Deza – Tabeirós convidamos a tomar vermú a un home vencellado a eses grupos folclóricos que tantas e tantas veces fixeron as delicias nun día de troula nos nosos pobos.

Os seus 77 anos a Manuel Dios Romero non se lle ven as ganas de deixar de tocar o que mais lle gusta: a gaita e a “requinta”. Desta última, explícanos que é unha frauta traveseira de buxo aparecida en Francia entre os anos 1700 e 1800 que “requintea” na última octava. Usábase para acompañar as gaitas, pero nos anos 60 empezou a desaparecer. Aínda conserva a “requinta” de máis de 100 anos que tiña o seu avó, José María Romero, que chegou a ser un recoñecido músico por formar parte do grupo “A Requinta de Carcacía”. Manuel Dios lamenta que ca irrupción das bandas de música, orquestras e outros instrumentos mais modernos, a “requinta” foi desaparecendo, sendo substituída por unha ferramenta mais doada para os músicos.

Dios Romero, nado na parroquia de Carcacía no Concello de Padrón, pasou a súa infancia neste municipio coruñés pero cando cumpriu os 20 anos, ante a falta de oportunidades en España, decidiu emigrar a Alemaña onde emprende unha nova vida persoal e laboral. No país xermano estivo 35 anos, dos cales 12, permaneceu nunha asociación formada por españois residentes no país. Principalmente, quenes asistían as actividades desta asociación eran galegos e andaluces e foi aquí cando Manuel Dios comezou a tocar a gaita. Non tiña noción ningunha de solfexo e mercou un libro para aprender a interpretar as primeiras notas da gaita. Conta que os veciños molestáballe que tocara a gaita na casa, motivo polo cal marchaba os montes de Múnich pero alí tamén incomodaba: unha muller chegou a dicirlle que “os animais tamén tiñan que descansar”, xente haina de todos os tipos. En Alemaña traballou como mecánico e torneiro e regresou a España tres décadas despois.

O seu próximo destino foi Alxeciras pero nesta cidade andaluza non tivo a ocasión de estudar, “foron anos nos que botei de menos a oportunidade de formarme profesionalmente na música”. De novo, xa en Galicia, Manuel Dios, defínese como un home activo, curioso e inquedo. Agora en Padrón asiste a clases de solfexo, continúa tocando a gaita e, por suposto, a súa querida “requinta”.

O seu desexo está en que as novas xeracións amen como el ama o folclore galego e que a “requinta” volva a retumbar non só no val do Ulla, senón en toda Galicia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00