Ponteareas recibe unha achega de 70.000 euros do Plan Concellos para as obras de drenaje en Ponte Xil
A actuación na estrada municipal inclúe a renovación das tubaxes
Junta de gobierno de la Diputación. / Rafa Estevez
Vigo
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega de preto de 70.000 euros (69.021€) para Ponteareas ao abeiro do Plan Concellos, que a destinará a financiar as obras de drenaxe transversal na estrada municipal situada en Ponte Xil, na parroquia de Guillade.
Estes traballos teñen por obxecto a execución dun marco prefabricado de formigón armado para substituír as tubaxes existentes nesta estrada que une Ponte Xil e Forquelos, pola que circula un regato afluente do río Uma. As actuais romperan a
causa do desbordamento do regato polas choivas, que amais producira unha focha na estrada.
Unha vez construído ese marco, executarase a renovación do firme da estrada, incluíndo a sinalización horizontal e vertical da zona, e os traballos inclúen tamén a colocación de barreiras bionda para mellorar a seguridade, aumentando a calidade do servizo e a comodidade das persoas usuarias.
María Díaz
Responsable de los Informativos Matinales de...Responsable de los Informativos Matinales de Radio Vigo. En la actualidad presenta también el programa Plató Abierto de Televigo. Licenciada en Periodismo por la Facultat de Ciències de la Comunicació de la Universitat Ramon Llull, ha trabajado también en prensa escrita y revistas culturales.