Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello de Vigo cederá solo a Apamp para a construción do seu centro de día

Caballero: "Seguiremos cooperando polo traballo tan excepcional que fan"

O alcalde mantivo un encontro este venres con Daniel Varela, presidente, e con Concepción Somoza, xerente da Asociación de Familias de persoas con parálise cerebral no que comprometeu o apoio municipal ante esta necesidade.

No transcurso da reunión, Apamp trasladoulle a Abel Caballero a necesidade de contar cun centro de día na zona de Navia, onde xa dispoñen de instalacións propias, polo que lle demandaron solo dotacional para destinar a este fin.

O rexedor comprometeuse a achegar solo a Apamp para que edifique o seu centro de día destinado aos usuarios da entidade. “Seguiremos cooperando con Apamp polo traballo tan excepcional que fan e imos dispoñer do solo para cedelo nunha concesión”, sinalou, co fin de que poidan edificar o centro de día e así “seguir dando atención ás persoas que o precisan”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir