Jácome: "El soterramiento de la Avenida Otero Pedrayo daría calidad de vida y dinamismo "
O alcalde de Ourense insta a Xunta de Galicia e Deputación de Ourense a asumir un total de 8 millóns de euros, dos 12 estimados para o soterramento da avenida Otero Pedrayo
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/WTZ76BOHDVBO3COX23B7MG25E4.jpeg)
Avenida Otero Pedrayo de Ourense / Concello de Ourense,
Ourense
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, instou a Xunta de Galicia e Deputación de Ourense a asumir un total de 8 millóns de euros, dos 12 estimados para o soterramento da avenida Otero Pedrayo. Unha petición que o Concello de Ourense realizou a través dunha carta dirixida a cada administración.
O soterramento da Avenida Otero Pedrayo “incluiría o soterramento do tráfico, a construción dun bulevar peonil, aparcamentos soterrados, carrís bici, e a integración efectiva do Campus Universitario”, algo que o rexedor considera importante porque "daría calidad de vida y dinamismo". Neste sentido, dende o consistorio estarían dispostos a financiar 4 dos 12 de millóns que se estiman necesarios para acometer a devandita obra.
Ademais, na misiva se explica que as cidades avanzan actualmente cara modelos nos que se prima a reordenación do tráfico rodado a favor dos viandantes, e que neste caso, esta acción xa se recollía no antigo plan “A Porta de Galicia”, que data de 2008 e foi tildado polo reitor da Universidade de Vigo como un dos máis importantes da década.