Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A cidade apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro en Santiago

Os grupos municipais do PSOE e BNG e o concelleiro non adscrito votaron a favor desta moción

Foto de arquivo da última reunión de Abel Caballero con responsables de SOS Sanidade Pública.

Foto de arquivo da última reunión de Abel Caballero con responsables de SOS Sanidade Pública.

O alcalde reiterou na sesión plenaria deste mércores a necesidade de reforzar os cadros de persoal na Atención Primaria para paliar a saturación, baixar as listas de agarda e mellorar a atención sanitaria. Respecto do cambio do director da área de Vigo anunciado esta mañá, Caballero dubidou que un cambio na xefatura fora suficiente para mellorar a situación se non se cambia nada máis. En rolda de prensa, fixo público de novo o seu apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo 12 de febreiro en Santiago e rematou esixindo ao presidente da Xunta ten que asuma as súas responsabilidades.

Sesión plenaria

O Pleno municipal tamén amosou este mércores o apoio da Corporación á manifestación de SOS Galicia, ao tempo que acordou colaborar activamente na recollida de sinaturas promovida pola plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para conseguir a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria. A maioría do Pleno deu luz verde a unha moción socialista que insta á Xunta a que reformule as súas políticas en materia sanitaria na área de Vigo, reducindo de forma inmediata as listas de agarda e adoptando medidas no ámbito da Atención Primaria para que cambie o modelo asistencial e de xestión de recursos humanos que permita convocar todas as prazas dispoñibles para formar novos profesionais e mellorar as as condicións laborais traballadores. Esta moción contou co apoio dos grupos do PSOE, do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito e o voto en contra do Partido Popular, os mesmos votos que validaron a moción do concelleiro non adscrito que na que tamén se defendía a colaboración na recollida de sinaturas e a participación na manifestación convocada o 12 de febreiro en defensa da sanidade pública.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir