Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Ocio y cultura

The Skarnivals publican Latexos, o seu novo disco, e anuncian xira galega

Volven tras sete anos do lanzamento do seu último traballo, "Movimiento irracional"

The Skarnivals,

The Skarnivals,

Vigo

Sete anos despois do lanzamento do seu último traballo, "Movimiento irracional", este martes 25 de xaneiro volven The Skarnivals, unha das grandes bandas de ska punk do país, nacida no Morrazo.

Latexos (Galunk Producións) é o nome dun disco cargado de forza e enerxías renovadas co que o grupo comeza unha nova etapa. Xunto co álbum publican tamén o último sinxelo de presentación, ‘Latexo’, ambos dispoñibles en todas as plataformas dixitais (YouTube, Spotify, iTunes, Amazon Music) a partir das 14:00 h.

O tema ‘Latexo’, no que colabora García MC, é unha canción que fala sobre a música como elemento de conexión e expresión cultural que nos envolve. Ese vibrar que traspasa barreiras: desde bandas, autores, público ou traballadores. Este novo proxecto discográfico está composto por nove temas entre os cales se atopan os temas xa presentados 'Do Revés' e ‘Cuervos’. Tamén remarcable é a colaboración de Juankar, cantante e baixista de Boikot, no tema ‘Volveríame a erguer’. Nove latexos que fusionan diferentes estilos pero sempre co seu ska punk folk tan característico. Gravado e producido nos estudos Estereoarte en Vigo baixo a batuta de Javier Abreu e publicado da man do selo vigués Galunk Producións.

Xira galega

O disco vén acompañado por unha xira galega que arrancan na casa o 4 de febreiro cun concerto na sala Aturuxo de Bueu. Tamén teñen datas confirmadas en A Coruña (Sala Filomatic, 11 de febreiro), Ourense (Sala Auriense, 25 de marzo) e Santiago de Compostela (Sala Moon, 20 de maio). As entradas xa están á venda a través de Entradium.com.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00