Última hora

CASO PAREJA DE AYUSO La pareja de Ayuso propuso a la Agencia Tributaria asumir 8 meses de cárcel y 525.000 euros para evitar el juicio por fraude fiscal y falsedad documental

A Vivir GaliciaA Vivir Galicia
Ocio y cultura

Non comeces a ler Os corpos dos Romanov (Galaxia, 2023), de Alberto Ramos, ou non poderás durmir

O escritor e xornalista resultó gañador da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol cunha novela de intriga que te atrapa ate a última folla.

Os corpos dos Romanov (Galaxia, 2023) de Alberto Ramos Premio de Narrativa Breve de Repsol

Os corpos dos Romanov (Galaxia, 2023) de Alberto Ramos Premio de Narrativa Breve de Repsol

10:38

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1674925084907/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

O día 31 de xaneiro, na Libraría Couceiro (Santiago de Compostela), será a presentación da última obra gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol que xa vai pola XVI edición e que correspondeu a novela Os corpos dos Romanov da que é autor o escritor e xornalista compostelá Alberto Ramos.

O premio conta tamén co apoio da Editorial Galaxia, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Secretaria Xeral de Política Lingüística. Nestes dezaseis anos gañaron este premio algúns dos escritores máis importantes da literatura contemporánea en Galicia, por nomear algún: Miguel Sande, Anxos Sumai, Berta Dávila, Santiago Lopo, Marcos Calveiro, Xosé Antonio Neira Cruz, Antón Lopo, Xosé Monteagudo...

Alberto Ramos pode presumir de ver como as súas novelas van sumando galardóns tan destacados como Biblos Pazos de Galicia por Dor pantasma (Biblos, 2006) e Con acuse de recibo (Biblos, 2010), o Vicente Risco con Todos os días (Sotelo Blanco, 2013) e en 2018 con A simetría das bestas, tamén se fixo co Premio García Barros coa novela Máscaras rotas para Sebastián Nell (Galaxia, 2014).

Como xornalista traballou na sección de cultura do Xornal de Galicia, como independente en Praza, Nós Diario ou Luzes. Neste momento tamén desenvolve o se labor no eido da comunicación e publicidade dende a Axencia Con C de Comunicación.

Os corpos dos Romanov parte dun feito real, o achádego en 2016 dunha bomba da II Guerra Mundial no corazón da cidade de Augsburgo e o desaloxo de parte da cidade alemana no nadal dese ano, e constrúe unha trama áxil que "obriga" a non para de ler ate rematar o libro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00