La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Mobilidade

O Concello de Nigrán solicita á Xunta ampliar 700 metros o percorrido de Lugove pola costa para dar servizo a Monteferro

"Sería minúsculo e benficiaría a moita xente se dá cobertura nunha das frecuencias da mañá e outra de tarde", explica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán agarda resposta á petición oficial realizada á Xunta o pasado 19 de decembro para que a liña Lugove pola costa se amplíe 700 metros co obxectivo de dar servizo a Monteferro, zona onde a veciñanza denuncia problemas de mobilidade. En concreto, o Concello plantexa que a liña XG8833101 de Vigo a Gondomar que circula por Estrada pola Vía e con parada no cruce de Monteferro avance outros 700 metros para chegar á altura de Monteferro número 60 (contona do antiga pensión) e beneficiar así a toda esta península.

“A modificación sobre o percorrido actual de Lugove sería minúsculo e beneficiaría a moita xente se, como mínimo, se dá cobertura nunha das frecuencias da mañá e outra de tarde”, explica o alcalde, Juan González, quen mantivo este mediodía unha reunión con Manuela Brianes, unha das residentes afectadas pola falta de conexións na zona e quen lidera unha petición veciñal ao respecto.

“Acadamos o servizo municipal Nigranbus grazas a que o Concello abona un cánon anual de 80.000 € á Xunta, agora lle pedimos á Xunta que colabore con esta modificación insignificante para esta administración autonómica pero moi importante para a veciñanza de Monteferro”, considera o rexedor, quen fai referencia á liña municipal de transporte que desde novembro conecta ás parroquias do interior cos principais núcleos urbanos da localidade, solventando así unha demanda histórica de zonas ancestralmente desconectadas.

“Como Concello poderíamos ampliar infinitamente o percorrido do Nigranbus, pero estaríamos claramente empeorando a calidade do servizo para toda a veciñanza e sería un sinsentido se son zonas polas que pasa o transporte regular de Lugove a escasos metros, como é Monteferro, por iso pedimos esta colaboración puntual á Consellería de Infraestructuras e Mobilidade”, finaliza González.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00