Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O equipo da área de Radioloxía Abdominal e Xenitourinaria do Chuvi obtivo un recoñecemento a nivel mundial nun congreso en Chicago

O seu traballo trata sobre criterios diagnósticos para diferenciar as lesións quísticos-hepáticas benignas e malignas

Un estudo da área de Radioloxía Abdominal e Xenitourinaria do servizo de Radiodiagnóstico do Chuvi recibiu un recoñecemento a nivel mundial no recente Congreso da Sociedade Norteamericana de Radioloxía (RSNA), celebrada en Chicago.

O traballo, premiado cun “Certificado de Mérito”, está firmado polos doutores Sofía Santos, Paolo Franco e Alejandra García, e foi coordinado pola xefa de sección de Abdome e Xenitourinario, Milagros Otero.

O obxectivo do mesmo era establecer uns criterios diagnósticos para axudar a diferenciar a través da Resonancia Magnética as lesións quístico-hepáticas benignas das malignas. Aínda que o 90% destas lesións son benignas e non necesitan seguimento, existe unha pequena porcentaxe que son potencialmente malignas e que requiren dun control e, ás veces, tratamento cirúrxico. A imaxe por Resonancia Magnética (RM) ten un papel fundamental no diagnóstico deste tipo de lesións, para discriminar a natureza dos mesmos e realizar un seguimento a aqueles con risco de malignidade.

Segundo explica a xefa do sección, Milagros Otero “estamos moi orgullosos deste recoñecemento xa que trátase do foro científico internacional máis importante no ámbito radiolóxico e supón unha validación ao noso traballo.”

Único Centro formador en España

O servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro entrou este ano no ranking dos 5 mellores hospitais europeos, seleccionados pola Sociedade Europea de Radioloxía (ESR) para o intercambio de becas de formación académica en toda Europa.

De feito, é o único centro de España elixido para impartir esta formación superespecializada, xunto a 1 hospital de Francia, 2 de Gran Bretaña e 1 de Suiza.

Así, este ano virán a recibir formación especializada ao hospital vigués 5 radiólogos e radiólogas doutros hospitais españois, de Italia e Portugal.

O Álvaro Cuqueiro foi elixido  centro formador atendendo a diferentes criterios, como a importante dotación de equipamento radiolóxico dispoñible; a gran capacitación dos seus profesionais, cunha acreditada experiencia no desenvolvemento das novas técnicas; así como o elevado volume de actividade realizada.

Ao longo dos últimos anos, o servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro ten feito un traballo recoñecido en moitos ámbitos. Está presente nos congresos nacionais e internacionais da especialidade. O feito de dispoñer de todas as técnicas avanzadas de diagnóstico e a posta en marcha da Unidade de Investigación en Radioloxía, o converte nun servizo referente ao que enviar a formarse os radiólogos e radiólogas do futuro.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir