Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Galicia impulsará 60 novos proxectos no sector da automoción a través da Business Factory Auto

A Xunta e diferentes empresas da industria farán un investimento total de 20,5 millóns de euros

Javier Cebollada (EFE)

O Consello da Xunta acordou este xoves a renovación do convenio de colaboración da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación con Ceaga, Stellantis, Consorcio Zona Franca de Vigo e VigoActivo, que permitirá impulsar ata 60 novos proxectos a través da aceleradora Business Factory Auto (BFAuto), especializada en automoción. En concreto, poñeranse en marcha tres novas convocatorias ata 2026.

O investimento total ascende a máis de 20,5 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia achegará máis de 11,1M€, preto do 55% total, facilitando deste xeito a continuidade dunha iniciativa que conta coa integración de todos os axentes necesarios para reforzar en Galicia un ecosistema de innovación no sector da automoción, ademais de fortalecer o seu posicionamento e proxección internacional.

O novo convenio permitirá a convocatoria de tres novas edicións da aceleradora, tanto para novos proxectos como para a consolidación daqueles que están en marcha. Máis polo miúdo, prevense impulsar ata 60 plans -30 en fase de aceleración e 30 de consolidación-, podendo acollerse á Business Factory Auto proxectos innovadores con vocación de internacionalización e con potencial para fortalecer o sector da automoción en Galicia.

Cada edición desenvolverase en catro fases. Unha primeira, de convocatoria, que durará arredor de catro meses, centrada na captación de proxectos e a presentación de candidaturas. A segunda, de selección, de dous meses, na que se elixirán un máximo de 10 proxectos para as fases seguintes (aceleración ou consolidación). Na de aceleración, de nove meses, os proxectos seleccionados recibirán o apoio da iniciativa a través da posta a disposición de recursos e a organización de actividades. E na de consolidación, de 12 meses, os equipos participarán nun proceso de formación, mentorización e networking dirixido a dispor dun produto desenvolvido e a potenciar a súa comercialización.

Este programa xurdiu ao amparo da axenda industrial da Xunta e ten permitido desenvolver en Galicia un ecosistema innovador no ámbito da automoción, situando Vigo á vangarda dos polos de innovación a nivel europeo.

Así, a BFAuto contribuíu a alcanzar importantes avances no eido da sensórica, a cobótica, a impresión 3D ou a robótica. Durante as seis primeiras edicións sumou 500 candidaturas presentadas, de 49 países diferentes, co resultado de 64 novas empresas creadas, que xeraron máis de 550 postos de traballo e facturaron máis de 90 millóns no ano 2022. Ademais, o 24% das compañías xa exportan os seus produtos ou servizos.

Estas cifras avalían o posicionamento da Business Factory Auto como peza clave do sector da automoción en Vigo e en Galicia. A aceleradora, que durante estes anos ten recibido numerosos galardóns nacionais e internacionais, abrirá o prazo para a captación de proxectos e presentación de candidaturas da primeira convocatoria no primeiro trimestre deste ano 2023, despois da publicación do convenio no BOE.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir