Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta aporta 2 millóns de euros á Aspanaex para a creación dunha residencia e un centro de día en Vigo

Un total de 90 persoas serán as beneficiarias destes servizos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visita as últimas fases das obras do novo centro residencial de Aspanaex en Vigo. 06/02/23. / David Cabezón @ Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visita as últimas fases das obras do novo centro residencial de Aspanaex en Vigo. 06/02/23.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca o apoio do Goberno galego á Asociación en defensa das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex) para a creación dunha residencia e dun centro de día en Vigo. Nunha visita ás obras das novas instalacións, o mandatario galego avanzou a disposición de 2 millóns de euros por parte da Administración autonómica para a posta en marcha dun servizo do que se beneficiarán 90 usuarios.

No acto no que estivo acompañado, entre outros, pola consellería de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o presidente do Goberno galego puxo en valor o labor das persoas que forman parte de entidades como Aspanaex pola súa entrega a favor das persoas que precisan apoio por mor da súa vulnerabilidade física ou intelectual. Subliñou o apoio que os servizos que ofrecen supoñen para os beneficiarios e para as súas familias, e destacou a necesidade de contar con instalacións como as que se están a construír en Vigo para mellorar a calidade de vida dos usuarios e dos seus coidadores e para evitar que teñan que desprazarse a outras localidades facilitando que poidan estar preto dos seus. En definitiva, “garantir o seu futuro”, indicou.

Con ese obxectivo, o Goberno galego puxo en marcha a finais do ano pasado unha nova liña de axudas que conta cun orzamento de 13 millóns de euros destinada a colaborar con dez entidades sociais galegas -entre as que se encontra Aspanaex- para remodelar, construír ou ampliar os centros que xestionan en apoio a persoas con discapacidade.

O Goberno galego non esquece tampouco outras necesidades das entidades sociais e dos seus beneficiarios, para as que financia prazas nas residencias e nos centros de día, colabora coas remuneracións do persoal cualificado ou dispón de subvencións para a adquisición de vehículos adaptados, ademais de axudas con cargo ao IRPF.

Alfonso Rueda reeditou en Vigo o seu compromiso para facer de Galicia “un lugar máis solidario e inclusivo, un lugar máis accesible para vivir”, e recordou que, con ese fin, foi creada a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade e se incrementou nun 16% a partida destinada a sufragar estes servizos, ata chegar aos 165 millóns de euros.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir