Hoy por Hoy Santiago
Música

Renée DePalma: "Queríamos mostrar a gran variedade de interpretacións que hai"

"Axudádeme a cantar" é unha serie documental que pretende visibilizar o canto acompañado con percusión de man, tradicionalmente femenino

Axudádeme a cantar, a serie documental que reivindica ás tocadoras

Dende hai uns días están disponibles na web do Consello da Cultura Galega as seis pezas audiovisuais que conforman o proxecto "Axudádeme a cantar". Seis historias sobre as tocadoras, grandes invisibilizadas da música de tradición oral como Sira e Orestina de Liñares no concello de Avión ou Lucinda e Montse de Toutón en Mondariz.

O documental, dirixido por Xulia Feixoó, Carme López e Renée DePalma da sección de lingua, literatura e comunicación do Consello da Cultura Galega, percorre aldeas galegas, recollendo as testemuñas das tocadoras, e tamén conversa coas recolledoras que hai décadas documentaron pezas, bailes e cantos para que non se perderan nunha tarefa de compilación que emprenderon integrantes de agrupacións folclóricas galegas. "Queríamos mostrar a gran variedade de interpretacións que hai", conta Renée DePalma, amante da música das tocadoras dende que tropezou con elas recén chegada a Compostela. Nun futuro, gustaríalle tamén analizar o traballo neste eido das casas de Galicia no exterior.

"Axudádeme a cantar" analiza tamén o rol da música tradicional na socialización no rural e a súa pegada no panorama musical galego actual.