Renée DePalma: "Queríamos mostrar a gran variedade de interpretacións que hai"
"Axudádeme a cantar" é unha serie documental que pretende visibilizar o canto acompañado con percusión de man, tradicionalmente femenino

Axudádeme a cantar, a serie documental que reivindica ás tocadoras
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Dende hai uns días están disponibles na web do Consello da Cultura Galega as seis pezas audiovisuais que conforman o proxecto "Axudádeme a cantar". Seis historias sobre as tocadoras, grandes invisibilizadas da música de tradición oral como Sira e Orestina de Liñares no concello de Avión ou Lucinda e Montse de Toutón en Mondariz.
O documental, dirixido por Xulia Feixoó, Carme López e Renée DePalma da sección de lingua, literatura e comunicación do Consello da Cultura Galega, percorre aldeas galegas, recollendo as testemuñas das tocadoras, e tamén conversa coas recolledoras que hai décadas documentaron pezas, bailes e cantos para que non se perderan nunha tarefa de compilación que emprenderon integrantes de agrupacións folclóricas galegas. "Queríamos mostrar a gran variedade de interpretacións que hai", conta Renée DePalma, amante da música das tocadoras dende que tropezou con elas recén chegada a Compostela. Nun futuro, gustaríalle tamén analizar o traballo neste eido das casas de Galicia no exterior.
"Axudádeme a cantar" analiza tamén o rol da música tradicional na socialización no rural e a súa pegada no panorama musical galego actual.




