Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Comezan as obras de construción dunha glorieta elíptica no alto de San Cosme, entre Vigo e Mos, para mellorar a seguridade viaria

O investimento da Xunta para esta actuación rolda os 40.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou os traballos de construción dunha glorieta elíptica na intersección da estrada autonómica PO-331, no alto de San Cosme, nos concellos de Vigo e de Mos.

Esta actuación, que conta cun investimento da Xunta que rolda os 40.000 euros, céntrase nesta intersección situada no punto quilométrico 7+600, no que a PO-331 conflúe coas vías que conectan coa Universidade de Vigo, co núcleo de Erville e con outros importantes equipamentos da zona.

Na actualidade, esta intersección na PO-331 regúlase mediante unha glorieta partida. Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria dos xiros neste punto, os traballos que se veñen de comezar adecuarán a intersección mediante a implantación dunha glorieta, que tamén contribuirá ao calmado de tráfico.

Deste xeito, para poder acoller de modo axeitado os diferentes viarios que converxen na vía autonómica, a glorieta adaptará a súa forma cunha planta elíptica.

Máis en detalle, as obras en execución céntranse na construción dunha glorieta de planta elíptica, de radio mínimo 12,50 metros, que disporá dun carril de 6 metros de ancho, con beiravía, tanto exterior como interior, de ata 1 metro de ancho.

A illa central da glorieta terá unhas dimensións de 15 metros de ancho e 30 metros de longo e contará cun gorxal de 2 metros de ancho, empedrado, de maneira que poida ser puntualmente remontable para os vehículos.

Para a execución da glorieta é necesario demoler previamente as isletas existentes, e tamén acondicionar parte da superficie demolida que ocupan as actuais isletas mediante a reposición do firme.

Tamén se adecuará á nova configuración da intersección a sinalización horizontal e vertical. Finalmente, procederase á colocación dos carteis de orientación necesarios para indicar os destinos na estrada PO-331.

Para executar estas obras é necesario intervir sobre a plataforma existente en toda a zona de actuación, o que poderá dar lugar a interrupcións temporais do tráfico ou á súa regulación mediante circulación alternativa.

A Xunta continúa coa mellora da seguridade viaria da estrada PO-331, con actuacións tan relevantes como a levada a cabo entre os puntos quilométricos 11+720 e 12+340, no polígono da Pasaxe e acceso á AG-57, na que se investiron máis de 350.000 € no ano 2020.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir