Nava Castro presenta o seu número dous nas listas de Ponteareas, o cantante de O Caimán do Río Tea, Rafael Martínez
Castro de Martínez: "É un perfil experto e con ampla experiencia e comprometido social e culturalmente"
A candidata popular á alcaldía de Ponteareas, Nava Castro, comeza a desvelar os nomes dos integrantes do equipo co que aspira á gobernar despois das vindeiras eleccións municipais. Así, fai público ao seu número dous, Rafael Martínez Fernández, un profesional moi coñecido e ben valorado na vila.
Rafael Martínez, ten 48 anos e é Licenciado e Doutor en Dereito pola Universidade de A Coruña e Máster en Recursos Humanos, cara onde orientou a súa carreira profesional desde 2001. Conta cunha ampla traxectoria en empresas de primeiro nivel de diversos sectores industriais como o automobilístico, a construción, a alimentación ou o téxtil. Comprometido coa vila, ten participado en numerosas iniciativas culturais e musicais, sendo socio fundador organizado do festival Rock in Río Tea. Ademáis, tamén é coñezcido na comarca por se un dos membros do histórico grupo 'O Caimán do Río Tea', quen foi moi recoñécido na xeración Xabarín Club polo tema "Estou na lavadora", entre outros.
Coa incorporación de Martínez Fernández á lista, Nava Castro incorpora “un perfil experto e con ampla experiencia e comprometido social e culturalmente, traballador incansable polo pobo, moi dinámico e cunha amplísima capacidade da que da fe o seu currículo profesional”, en palabras da candidata á alcaldía. Castro destaca que Rafael “une talento e responsabilidade e acadou un oco na área do emprendemento local dando oportunidades aos máis mozos para desenvolverse persoal e profesionalmente. Representa, sen dúbida, unha aposta firme por levar o Concello de Ponteareas a outro nivel e recuperar a esperanza dos ponteareanos máis mozos”.
Pola súa banda, Rafael Martínez considera “un reto, a oportunidade de aportar e axudar. Pode parecer algo inxenuo, pero para min é o máis importante. Sempre escapei da política, agora vexo que se poden facer cousas boas para o pobo e apetéceme”. Ademais indicou que “Nava inspírame confianza e me transmite ilusión, ela ten experiencia na xestión pública e eu na empresa. Facemos un bo equipo”.
Ao longo dos vindeiros días, a candidata popular irá desvelando os nomes do resto dos integrantes da lista coa que concorrerán ás eleccións municipais de maio e coa que aspiran a facerse co goberno da vila.