Hora 14 Vigo
Sociedad
Manifestación

Abel Caballero mostra o seu compromiso e anima a participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro

"A situación na Atención Primaria na cidade é preocupante" indica o rexedor

O rexedor amosou esta mañá o seu respaldo á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para este domingo ás 12:00 en Santiago. Nunha rolda de prensa compañado polos convocantes fixo fincapé “na preocupante situación da Atención Primaria na cidade”.

Caballero estivo acompañado por Manuel Martín García (voceiro SOS Sanidade Pública de Galicia); Jesús Araujo Nores (Plataforma SOS Sanidade de Vigo); Juan Manuel Loureiro (responsable de Sanidade de UXT Pontevedra); Purificación Bernárdez (Comisións Obreiras de Vigo)e Maria José Fernández González (CIG Saúde de Vigo), nunha rolda de prensa na que animou a cidadanía a participar na manifestación do próximo domingo.

“A situación é moi preocupante, a Xunta de Galicia debe actuar. O señor Rueda debe deixarse de palabras baleiras e de tratar ocultar o fracaso do seu desenvolvemento sanitario” expresou Caballero, que finalmente respondeu con indignación as verbas de onte do presidente da Xunta, remarcando que “os autobuses que partirán de Vigo son financiados por partidos, grupos políticos e sindicatos. O Concello de Vigo non financia nin un céntimo”.