Don José Freitas Iglesias
O Señor Don José Freitas Iglesias finou cristianamente o día 9 de febreiro do 2023 ós 94 anos de idade, confortado cos auxilios espirituais.
D.E.P.
A súa dona: María Salomé Juvino Fontenla; fillas: Salomé e Pilar Freitas Juvino; fillo político: Jesús Juncal Silva; netos: Alexandre Juncal Freitas e Pablo Pérez Freitas; irmáns políticos: Pilar e Josefina Juvino Fontenla; Diego Vidal Novoa e Flora Rodríguez; sobriños, curmáns e demais familia pregan unha oración pola súa alma.
O cortexo fúnebre partirá o venres día 10 ás 4:30 da tarde, dende o tanatorio ata a igrexa parroquial de San Miguel de Campo Lameiro, onde seguidamente se celebrarán os funerais de corpo presente polo seu eterno descanso e deseguido procederase á súa inhumación no camposanto de dita freguesía.
FOGAR FUNERARIO: Tanatorio Campolameiro. Sala 1.
NOTA: Sairá un autobús dende Gargallóns ás 3:30 da tarde, pasando por Redonde, Igrexa Fragas, Laxe, Mullerboa, Campolameiro ao tanatorio con regreso. Campo Lameiro, a 9 de febreiro do 2023