Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O BNG exixe ao Goberno do Estado acometer a conexión ferroviaria do Eixo Atlántico con Portugal

Comisión Europea e Goberno luso apostan pola infraestrutura, estratéxica para a Galiza, mentres o MITMA continúa retrasando a licitación da saída sur de Vigo, salienta o deputado do BNG

Néstor Rego.

Néstor Rego.

Vigo

O Bloque Nacionalista Galego urxe o Goberno do Estado a actuar para completar, no menor tempo posíbel, a conexión ferroviaria do Eixo Atlántico con Portugal. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, entende que o executivo estatal debe destinar todos os esforzos posibles, tal e como está a facer o goberno portugués, para finalizar as obras comprometidas que corresponden ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e subliña que a Comisión Europea acaba de incluír a liña A Coruña-Lisboa como unha das liñas transfronteirizas prioritarias .

“Parece evidente que o Goberno do Estado dá as costas a unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento social e económico da Galiza, materializada agora no retraso da licitación do novo estudo para a saída sur de Vigo, polo que o BNG continúa a traballar para acabar coa discriminación histórica que sofre o noso País” sinala o deputado do BNG no Congreso.

Agora, a todos os argumentos empregados pola frente nacionalista sobre a urxencia de acometer as obras de conexión do Eixo Atlántico, súmase a decisión da Comisión Europea de incluír a conexión ferroviaria entre A Coruña e Lisboa entre as dez liñas ferroviarias transfronteirizas que apoiará. “Até o propio Primeiro Ministro da República portuguesa estabeleceu como prioritaria esta conexión e afirmou que as obras que corresponden ao goberno luso finalizarán antes de 2030” incide o deputado.

Mesmo, enfatiza Rego, a propia Comisión Europea incluíu á Galiza no mapa dos servizos ferroviarios diúrnos e nocturnos. “Un elemento máis que pon de manifesto aa actitude do Goberno do Estado que continúa a discriminar o noso País en materia de infraestruturas, sobre todo ferroviarias” afirma.

“As decisións adoptadas pola Comisión a respecto da conexión do Eixo Atlántico fai imprescindíbel que o Goberno concrete as actuacións que realizará para conseguilo no menor tempo posíbel. Mais, con todo, segue sen dar os pasos necesarios nesa dirección” subliña o deputado nacionalista. Así, na actualidade as previsións do Goberno portugués son que as obras que lles corresponden terminarán entre 2028 e 2030 en canto as que corresponden ao Goberno do Estado español para completar un tramo de 35 km continúan sen data clara, mais a Ministra declarou recentemente en Vigo que estarían “sen problema asntes de 2040”.

Para o deputado do BNG isto é inaceptable. Neste sentido, Rego exixe, ademais de compromiso, estabelecer un calendario e as actuacións necesarias para completar as obras desta infraestrutura no menor tempo posíbel.

María Díaz

María Díaz

Responsable de los Informativos Matinales de Radio Vigo. En la actualidad presenta también el programa...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir