Marcos Gendre fai un repaso á música galega entre 1970 e 2020
Abarca fenómenos como Andrés do Barro a Malandrómeda e preséntase este mércores en Vigo
Cunha portada deseñada pola ilustradora Pepa Prieto Puy, o autor achega ás lectoras e lectores, nesta reportaxe, a unha travesía polo labirinto identitario da vangarda musical galega.
Vigo
Este mércores 15 de febreiro, celebrarase, ás 20 h, no Café Uf de Vigo, a presentación de "Discoteca Atlántica", de Marcos Gendre. Un libro que abarca a música galega dende 1970 a 2020. “Neste apaixonante volume atopamos discos que crearon na escola e definiron estilos, discos premiados e supervendas fronte a discos descoñecidos polo gran público que para moitos son discos de culto e fundamentais no desenvolvemento da música no país. Aquí hai discos que salvaron moitas vidas. Porque, en moitas ocasións, a música é o mellor salvavidas, a mellor medicina para o corpo e a alma”. Así comeza o prólogo do libro, da man do profesor, xornalista e escritor Fernando Fernández Rego.
Esta obra pon en valor a música galega, fomentando a súa divulgación. Estuda, dende fenómenos como Andrés do Barro ata Malandrómeda, o panorama musical imperante no país, analizando os pioneiros que sentaron as bases, e o prolífico presente musical do que goza a nosa terra.
Cunha portada deseñada pola ilustradora Pepa Prieto Puy, o autor achega ás lectoras e lectores, nesta reportaxe, a unha travesía polo labirinto identitario da vangarda musical galega.
Durante a presentación, acompañando o autor, estarán o músico Marco Maril; Carlos Risco, músico e xornalista; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
María Díaz
Responsable de los Informativos Matinales de...Responsable de los Informativos Matinales de Radio Vigo. En la actualidad presenta también el programa Plató Abierto de Televigo. Licenciada en Periodismo por la Facultat de Ciències de la Comunicació de la Universitat Ramon Llull, ha trabajado también en prensa escrita y revistas culturales.