Jasper e Nébeda presentan Loita Amada este sábado na Capitol
O novo proxecto musical contará para a súa presentación coa colaboración de Tanxugueiras, Mini e Navia Rivas e Lolo Arincón entre outros

Loita Amada prepara unha gran festa para este sábado na Capitol
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
Loita Amada, integrado por Jasper e Nébeda Piñeiro, estrea o disco “Viva a Loita Amada Revolucionaria!” este sábado 25 de febreiro ás 21:00 horas na Sala Capitol de Santiago, un traballo có que debutan como parella artística e no que falan da necesidade de liberdade e reivindicación no presente momento histórico.
Os dous músicos visitaron o Hoy por Hoy Santiago felices de presentar por fin un disco que conta con cancións que Jasper compuso incluso antes da pandemia e que agora ven a luz da man tamén dunha banda de seis músicos, tres homes e tres mulleres.
Estarán presentes no concerto do sábado As Tanxugueiras, Mini Rivas, xunta a súa filla Navia, Lolo Arincón e Paco Montoto, productores do disco con XoniX Records, Patty Castro e a agrupación Lina e Lola. As entradas están para a súa venda na plataforma Wegow, Tamén pódense adquirir na Casa das Crechas en Santiago de Compostela e o día do concerto na billeteira da Sala Capitol.




