Hoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Regularización

Tomiño aproba unha moción para regularizar ás persoas migrantes

O concello é o primeiro do Baixo Miño en apoiar esta ILP do movemento #RegularizaciónXa

Casa do Concello de Tomiño en la Praza do Seixo. / Google Maps

O pleno do Concello de Tomiño vén de aprobar na súa sesión de onte e por unanimidade, unha moción de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular para a regularización das persoas migrantes en situación administrativa irregular en España. A iniciativa, que contou co apoio de todos os grupos da corporación local (BNG, PSOE e PP), será presentada tamén nos demais concellos da comarca do Baixo Miño.

Esta ILP nace do movemento #RegularizaciónXa, integrado por decenas de colectivos e redes migrantes organizadas, e entidades sociais e políticas de diversa índole, que conflúen baixo o obxectivo común de regularizar, de forma extraordinaria, as persoas migrantes que se encontran sen papeis e que habitan no territorio español.

Coa regularización se outorgan dereitos fundamentais ás persoas migrantes, e permitirá aflorar unha grande contribución económica e fiscal para a sociedade no seu conxunto, xa que a irregularidade impide que moitas persoas migrantes poidan contribuír en condicións de dignidade con capacidades que son esenciais para soster á sociedade.

Ata agora foi aprobada unha vintena de mocións de apoio, en diferentes municipios do estado español, como Santiago de Compostela, Barcelona, Lleida, Ferrol ou Vilagarcía.