Luca Chao: "Hai que coñecer conceptos básicos do feminismo para ir máis aló"
A exdeputada de En Marea debuta na escrita co diccionario "Feminismo en cen palabras"

Fifa, onvre e pitopodre, Feminismo en cen palabras da man de Luca Chao
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
¿Cantos feminismos hai? ¿Que significan onvre, fifa ou pitopodre, termos utilizados nas redes sociais? A estas preguntas trata de dar resposta Feminismo en cen palabras, un libro que asina a exdeputada de En Marea, Luca Chao, e que edita Galaxia na súa colección Feminismos.
Para Luca Chao o libro é introductorio, "o que me gustaría é que sexa unha porta de entrada para quen non ten nin idea de que é isto do feminismo e que o vexa doado e diga, vou achegarme"; entende tamén que "hai que coñecer conceptos básicos do feminismo para ir máis aló".
O traballo non elude os debates actuais no feminismo como a división en torno ás persoas trans ou a regulación da prostitución. Segundo a autora, "quen decide escribir un libro coma este, faino dende o convencemento feminista e de que nomearnos, moito máis na nosa lingua, é o primeiro paso para pensarnos, para recoñecernos e para existir".




