Benteler opta a construir un centro teconolóxico
Desenvolveu un proxecto que permite a interoperabilidade entre as diferentes plantas cun sistema totalmente integrado e monitorizado de produción
Visita a Benteler este viernes.
Vigo
Benteler tentará construir en Vigo un centro tecnolóixo . Así o dixo Ricardo García, vicepresidente executivo no Sur de Europa, durante unha visita a factoría de Valadares do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que salientou a colaboración que a Xunta de Galicia está prestando a Benteler para facer das dúas súas dúas plantas en Galicia -en Vigo e Mos- o centro de operacións para todo o grupo no desenvolvemento da fábrica intelixente.
Durante unha visita ás instalacións da factoría de Valadares, en Vigo, Conde remarcou o esforzo tecnolóxico e en I+D+i que Benteler está facendo desde Galicia. Un esforzo, dixo, que comporta 7,5M€ de investimento aos que a Administración autonómica leva achegado 2,3M€ a través do programa Fábrica Intelixente, que terá unha nova convocatoria este mesmo ano dotada -a través da Axencia Galega de Innovación- cun orzamento de 24M€.
Este programa de axudas apoiou xa 24 proxectos de 68 empresas e centros de investigación cunha mobilización de 275M€. O 69 por cento dos investimentos corresponden a oito iniciativas do sector da automoción, que acaparan máis da metade, o 62 por cento, do total das axudas, 47,3M€. Empresas como Benteler -que xera 725 postos de traballo en Galicia-, Stellantis, Copo, Borgwarner, Akwel Vigo ou GKN. Conde explicou que co apoio destas axudas, Benteler desenvolveu un proxecto que permite a interoperabilidade entre as diferentes fábricas cun sistema totalmente integrado e monitorizado de produción.
María Díaz
Responsable de los Informativos Matinales de...Responsable de los Informativos Matinales de Radio Vigo. En la actualidad presenta también el programa Plató Abierto de Televigo. Licenciada en Periodismo por la Facultat de Ciències de la Comunicació de la Universitat Ramon Llull, ha trabajado también en prensa escrita y revistas culturales.